Mancomún

Amigus Party Verán 2008 nas Pontes

Luns, 18 Agosto 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/amigusveran2008.jpg Vemos na páxina web de Amigus, Asociacións Informática de As Pontes que están a organizar a nova edición da Amigus Party Verán 2008 (21, 22 e 23 de agosto) co-organizada co concello das Pontes, coa colaboración do Grupo de Empresa de ENDESA, Mancomún, o CESGA, a Consellería de Innovación e Industria e Openor.
 
Para asistir á amigus-party verán-2008 debes ir equipado co teu computador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe e ollo, os altofalantes están totalmente prohibidos.

O prazo de inscrición remata o 20 de agosto ás 12.00 horas. A inscrición pódela realizar cubrindo este formulario.

O venres de 16:00 a 20:00 desta a xornada de software libre, nesta edición orientada ao mundo empresarial.

O programa é o seguinte:

16:00 a 17:00: Presentación do Software Libre (GNU/Linux):
– Que é, para quen é, e porqué é.
– Un pouco de historia.
– Licenzas.
– Distribucións.
– Pros/Contras.

17:00 a 18:00 Solucións Libres de Xestión para PEMEs
– Introdución
– Solucións Libres Xestión PEME (Linex, Codeka…)
– Codeka 1.0: Xestión de Interlocutores comerciais (clientes e provedores), Xestión de Artigos e Familias, Xestión de Facturas e Albaráns, Vendas en mostrador (TPV), Xestión de cobros e pagos [Tesourería], Creación e configuración de códigos de barras, Xestión de copias de seguridade, Listados en formato PDF.

18:00 a 19:00 Xestión de sistemas de rede con Software Libre
– Xestión da rede.
– Servidores de datos.
– Servidores de correo.
– Servizos de bases de datos.
– Servizos web.

19:00 a 20:00 Coloquio “O Software Libre”

Máis información en:
http://www.amigus.org/partys/partyveran2008/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal