Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
{mosimage}O xigante da virtualización VMWare anunciou a súa integración á Linux Foundatión, seguindo a liña dos membros xa existentes coma Adobe, Google ou IBM.
A Virtualización, a habilidade de executar software en contedores virtuais polo que múltiples sistemas operativos ou versións poden ser executadas nunha mesma maquina física, e cada vez máis frecuente no entorno das TI. No seu núcleo, a virtualización está habilitada polo software chamado Hypervisor, e pode axudar a reducir o custos do centro de datos, entre outros beneficios.
O anuncio do movemento o software libre por parte de VMWare, producese un mes despois de que a súa co-fundadora e CEO Diane Greene deixase a compañía.
O pasado ano, VMWare tornou en código aberto varias das súas ferramentas, e no 2006 abriu as especificacións da súa Interface Virtual, o que permitiu a outros sistemas operativos comunicarse co Hypervisor.
Estes movementos, así coma o movemento de VMWare para unirse á Linux Fundation, e unha boa nova para os usuarios finais, xa que apuntan a un aumento da apertura e colaboración dos desenvolvedores da virtualización.
Se queres ler mais podes consultar a fonte (en inglés) na páxina de ComputerWorld .
