A Rede de Dinamización da Sociedade da Información imparte dende esta mañá un curso de iniciación ao procesador de textos libre, Writer, no Concello de Riotorto (Lugo). O obradoiro ten unha duración de 9 horas, repartidas en horario de 9:30 a 11:00 horas os luns, mércores e venres, rematando o día 29 deste mes.
Para máis información os interesados poden contactar coa dinamizadora Vanesa Pérez Álvarez e María del Camino Rando García.
Fonte: Rede de Dinamización
