Mancomún

Innovación e Industria saca a concurso o equipamento para 27 aulas PASI con Software Libre

Luns, 18 Agosto 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ii-dxpisi-an_small.png A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información vai proceder á contratación de subministro para a adquisición e instalación do equipamento tecnolóxico preciso para montar 27 aulas de formación nas novas tecnoloxías da información en outros tantos Puntos de Acceso á Sociedade da Información (PASI) da Rede de Dinamización.

As cláusulas administrativas e condicións técnicas pódense atopar desde a “Plataforma de contratación pública de Galicia“:

Todo o equipamento terá que ser “completamente compatible con sistemas operativos baseados en software libre” e todo o software instalado deberá ser de código aberto e, en caso de estar dispoñible, en lingua galega.

O software a incluír é:

 

  • Sistema operativo baseado en software libre con interface gráfica de ventás e idioma galego.
  • Lector de arquivos en formato PDF.
  • Paquete ofimático en galego cos seguintes elementos que inclúa:
    -Corrector ortográfico en galego
    -Procesador de textos
    -Folla de cálculo
    -Xestor de bases de datos.
    -Editor de presentacións multimedia.
  • Gravador e reprodutor de CD/DVD.
  • Compresor e descompresor de arquivos en diversos formatos: ZIP, RAR, TAR.GZ, …
  • Navegador de internet con soporte Java integrado.
  • Xestor de correo.
  • Programa de retoque fotográfico.
  • Cliente de mensaxería instantánea multiplataforma e multiprotocolo.
  • Antivirus.
  • Outros programas baseados en código aberto e preferentemente en lingua galega que permitan funcionalidades como: Edición web, edición de vídeo, VoIP, videoconferencia, mecanografía, cifrado, etc…

Máis información en:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=9975

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal