Mancomún

Andalucía aposta polo Software Libre na implantación de servizos e-Administración nos concellos

Luns, 4 Agosto 2008
A Consejería de Innovación, Ciencia e Empresa de Andalucía vén de poñer en marcha a terceira convocatoria da Orde de Incentivos TIC dirixida ás Administracións Locais. Esta medida, que ten como principal obxectivo impulsar a implantación de novos servizos electrónicos nos concellos andaluces, priorizará todas aquelas propostas baseadas en código aberto, favorecendo a reutilización dos servizos e a cooperación entre as distintas administracións a través dun repositorio de software específico para as mesmas.

A convocatoria conta cun orzamento total de 11,2 millóns de euros, que estarán destinados a apoiar proxectos presentados por concellos, mancomunidades e deputacións provinciais de Andalucía relacionados coa implantación e construción de servizos electrónicos de i-Administración; a produción de contidos dixitais e a modernización de portais web; a investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I) no eido local, os servizos de formación e a mellora da calidade de procesos.

Fonte: Foro Innovatec

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal