Mancomún

Firefox alcanzou o 20% de cota de mercado a nivel mundial

Luns, 4 Agosto 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-wordmark-vertical_small.pngDespois de toda a campaña que fixo Mozilla co lanzamento do Firefox 3, parece que o éxito foi rotundo, segundo revela a empresa NetApplications, que recentemente publicou que Firefox alcanzou por primeira vez o 20% de cota de mercado a nivel mundial nos exploradores Web.

En maio, Firefox tiña o 18,41% do mercado, e un mes máis tarde, subiu case un punto, con 19,27%. No mesmo rango de tempo, o explorador de Microsoft, Internet Explorer, pasou de ter un 73,75% a ter un 72,95%.

Segundo datos de NetApplications, Internet Explorer actualmente mantense con un 68,8% mentres que Firefox 2 e 3 suman un total de 20,68% (Firefox 2: 13.75%, Firefox 3: 6.92%)…

Fonte:
http://alt1040.com/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal