Mancomún

Crean un filtro contra a estupidez baseado en software Libre

Luns, 4 Agosto 2008

StupidFilterStupid Filter, un programa creado con Software Libre que detecta e filtra os comentarios estúpidos ou impertinentes en páxinas webs, xa está dispoñible. Os creadores, que conseguiron financiamento para montar unha empresa, lanzaron recentemente a primeira versión en probas.

Anunciado meses atrás, o proxecto conseguiu que centenares de voluntarios colaborasen recollendo comentarios que, desde o punto de vista formal, puidesen ser considerados como estúpidos. A falta dunha tecnoloxía de análise semántico, Stupid Filter analiza a forma da mensaxe, a súa extensión, o uso de maiúsculas ou o de palabras clave para decidir que é estúpido.

O traballo voluntario permitiu a Paul Starr e Gabriel Ortiz a elaboración dunha enorme base de datos coa que o programa cotexa cada novo post antes de decidir se é impertinente ou non.

Ademais dunha mellora do algoritmo matemático que analiza as mensaxes, a principal novidade respecto ao deseño inicial do programa é o incremento da velocidade e fiabilidade do sistema. Como di Ortiz, “o novo motor de procura é moito máis rápido”. A aplicación permite aos responsables das páxinas webs automatizar o filtrado de comentarios.

Por agora, o programa só funciona en inglés, pero xa está a recompilar comentarios estúpidos noutros idiomas, o español entre eles, para elaborar unha ampla base de datos multilíngüe.

Fonte: Público.es

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal