Mancomún

Bcfg2, ferramenta cliente-servidor para a administración de configuracións de equipos en rede

Venres, 20 Xuño 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/bcfg2-logo.pngBcfg2 é unha ferramenta cliente-servidor que permite a xestión da configuración dos distintos equipos dunha rede (os clientes) empregando un modelo centralizado (no servidor). Bcfg2 axuda aos administradores de sistemas no mantemento e proporciona ferramentas de informes para levar a cabo as tarefas do día a día.

A ferramenta está desenvolvida en Python e emprega unha especificación XML para definir as políticas de funcionamento dos distintos nodos. Bcfg2 foi desenvolvido polo departamento de Informática e Matemáticas do Laboratorio Nacional Argonne.

Bcfg2 fornece unha interface declarativa para configurar o sistema, sendo os clientes os que determinan que operacións de configuración que se poden realizar. Nesta arquitectura, a ferramenta cliente de Bcfg2 é a responsable de determinar que operacións se poden levar a cabo, se as houbese, e a continuación realizar esas operacións. O cliente tamén informa ao servidor das estatísticas das operacións e do estado dos ficheiros de configuración.
 
No trac do proxecto pódese atopar máis documentación do funcionamento e arquitectura de Bcfg2.

 

  Linguaxe   Licenza   Autenticación Mútua   Encriptación   Última versión estable   
Arusha Project (ARK) Python BSD Si Si 2005-04-19 20050419
Bcfg2 Python BSD Si Si 2008-02-12 0.9.5.7
Cfengine C GPL, FAL Si Si 2007-09-30 2.2.2
ISconf Python GPL Si No 2006-08-13 4.2.8.233
LCFG Perl GPL Parcial Parcial 2007-02-19 2007021901c
OCS Inventory NG con GLPI Perl, PHP, C++ GPL No Si 2007
PCfengine Python GPL No No  
PIKT C GPL Si Si 2007-09-10 1.19.0
Puppet Ruby GPL Si Si 2008-03-25 0.24.4
Quattor Perl EDG Si Si 2007-12-12 1.3-2
Radmind C BSD Si Si 2007-07-5 1.9.0
SmartFrog Java LGPL Si Si 2008-01-21 3.12.018
STAF C++ CPL No Parcial 2008-02-27 3.2.5
 Táboa comparativa, extraída da wikipedia, coas distintas alternativas dispoñibles de sistemas de administración de configuracións.
 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal