Mancomún

Nova openSUSE 11

Venres, 20 Xuño 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/opensuse.jpgOpenSUSE 11.0 acaba de saír e xa se pode descargar de balde dende a rede. Para iso a xente de openSUSE puxo varias imaxes dispoñibles, incluíndo x86, x86_64, e imaxes PowerPC, tanto en versión instalable como en Live CDs de GNOME e KDE para que os usuarios de escritorio poidan instalalo e usalo rapidamente.Nesta versión atoparás actualizacións nas versións de case todos os programas, un instalador moi mellorado, un manexo de paquetes máis rápido e máis sinxelo, e moito máis:

  • Instalador re-escrito que volve a instalación aínda máis fácil

  • Administración de paquetes máis fácil e máis rápida

  • Actualizacións do sistema máis fáciles con PackageKit

  • Efectos 3-D máis fáciles con Compiz-Fusion e CCSM

  • KDE 4 – O escritorio KDE da seguinte xeración

  • GNOME 2.22 – Versión de GNOME máis recente

  • Firefox 3.0 
  • OpenOffice.org 2.4 – O máis recente OpenOffice.org, con ducias de melloras e novas funcións, incluíndo un soporte VBA mellorado, transicións 3-D en Impress, e soporte para importar os formatos de documentos de Microsoft Office 2007

  • Banshee 1.0 – A mellor actualización dunha aplicación multimedia patrocinada por NOVELL

  • NetworkManager 0.7 – O máis recente nas versións de NetworkManager, o cal inclúe soporte para tarxetas EV-DO/UMTS

  • PulseAudio – Unha mellor administración de son en GNOME

  • Linux kernel 2.6.25 – A máis recente versión liberada do kernel de Linux

  • Case todas as aplicacións foron actualizadas desde a versión 10.3

  • Mais de 200 novas funcións específicas en openSUSE

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal