Mancomún

Constitúese a Asociación Madrileña de Empresas de Software Libre (SoLiMadrid)

Mércores, 5 Marzo 2008

O pasado mércores 26 de febreiro quedou constituída oficialmente a “Asociación Madrileña de Empresas de Software Libre (SoLiMadrid)”, ao igual que en Galicia se constituíu recentemente Agasol.

SoLiMadrid nace cos obxectivos de promocionar e divulgar o uso prioritario do Software Libre en xeral, e en especial, no ámbito das empresas e entidades públicas e privadas radicadas na Comunidade de Madrid; defender o uso de estándares abertos na implementación de calquera tecnoloxía; fomentar a investigación e desenvolvemento de tecnoloxías baseadas en Software Libre, …

A pesar da súa recente creación, SoLiMadrid xa está presente na Asociación Nacional de Empresas de Software Libre Federadas (ASOLIF), constituída e presentada oficialmente o pasado venres 29 de febreiro en Almendralejo.

Fonte:
http://blog.dabne.net

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal