Mancomún

Instalar o paquete de idioma galego no Firefox 3 de Ubuntu 8.04

Xoves, 19 Xuño 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngAlgunhas persoas están reportando problemas para instalar o paquete de idioma de galego para o Firefox 3 na Ubuntu 8.04.

A mensaxe de erro que dá a algunhas persoas é a seguinte:
“Galician (Galiza) Language Pack 3.0pre could not be installed because it is not compatible with Firefox 3.0b5.”

Isto é debido a que a versión que trae a Ubuntu 8.04 por defecto é a beta número cinco, polo que para poder arranxalo e desfrutar da tradución ao galego haberá que actualizar a versión instalada de Firefox, ben sexa actualizando o sistema á última versión, ou descargando o Firefox desde a páxina da Fundación Mozilla.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal