Mancomún

Nova versión da distribución educativa MaX 4.0

Xoves, 19 Xuño 2008
A Consellaría de Educación da Comuniade de Madrid vén de publicar oficialmente a nova versión da distribución educativa MaX 4.0. Esta distribución instálase en todos os equipos novos que se entregan nos centros de ensino da Comunidade de Madrid.

Esta versión (baseada en Ubuntu Hardy 8.04) é froito de varios meses e adaptación dun pequeno grupo de docentes e varios desenvolvedores da Comunidade de Madrid. As súas principais achegas son: a instalación sinxela e integrada de clientes lixeiros con TCOS , sistema integrado de backup e clonado de equipos Backharddi e xeración sinxela de chaves USB (nanoMax) cunha versión lixeira pero completa do sistema operativo con capacidade para conservar cambios.

 

max

 

 

Reproducimos a continuación as principais novidades que introduce a aplicación.

  • Novo instalador (baseado en ubiquity) con selección de tipo de instalación (escritorio, alumno, profesor, servidor, servidor de terminais e xeración de nanoMaX, a versión lixeira USB de MAX4.0)
  • Actualización da Guía de referencia e Manual de instalación, onde dunha maneira moi sinxela e con moitas capturas de pantalla explícase como se instala e para que serven todas as aplicacións que leva instaladas, (hai unha copia destes dous documentos no escritorio e menús tanto da versión live como instalada).
  • Escritorios GNOME, KDE e Xfce4 na versión DVD, a versión nanoMaX e CDlive usa Xfce4.
  • Soporte da maior parte do hardware (que non funcionaba do todo con Ubuntu) do parque informático da Consellería de Educación (TabletPC coa última versión do driver wacom, Elo TouchScreen and TouchComputer, equipos IBM con discos SCSI, etc…)
  • Diversas aplicacións educativas organizadas no menú «Educación» por áreas, por exemplo: JClic, JavaHotPotatos, Malted, Animalandia, Atnag, Gcompris, Moodle (1.9), Squeak (con varias imaxes), Scratch, Geogebra, etc..
  • Aplicacións para Windows instalables desde o DVD (OpenOffice.org, Firefox, etc…) usando disctree.
  • Aplicacións portables desde a versión nanoMaX (OpenOffice.org, Firefox, etc…)
  • Integración con Backharddi (clonado de equipos en modo local e por rede multicast) «O Ghost libre» usado nas maquetas de instalación de moitas comunidades autónomas e empresas.
  • Integración de TCOS tanto en modo autónomo como servidor de clientes lixeiros.

Sitio para descarga: ftp://max.educa.madrid.org/isos/MAX40final/

Fonte: Blog MarioDebian

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal