Mozilla Foundation previra unha cifra próxima aos cinco millóns, cos que xa batería a chamada marca Guinness de descargas dunha aplicación desde internet. Coa anterior versión, o Firefox 2, acadou as 3,4 millóns de descargas no seu primeiro día de presenza no mercado, en outubro do ano 2006.
EE UU foi o país do mundo onde o impacto do Firefox 3 foi maior, ao alcanzarse os 2,57 millóns de descargas. A continuación situouse Alemaña con 663.000 e Xapón con 403.000. En cuarta posición do ranking mundial implicáronse os usuarios españois, que baixaron 298.000 unidades, excedendo a países cunha poboación maior como Reino Unido, con 295.000 descargas, e Francia con 290.000.
Firefox en galego
A descarga do Firefox en Galicia foi acompañada en moitos casos pola descarga do paquete de idioma en galego para a nova versión do navegador creado por Mancomún.
Este paquete adianta os traballos de tradución que se están a realizar para a creación da versión oficial do galego, que podería estar dispoñible entorno ao 25 de xullo.
Fonte: Cinco días
