O vindeiro sábado 21 ás 12:00, a xente de trebelab levarán a cabo un obradoiro de GNU/Linux a través do que intentarán achegar a realidade do SwL aos asistentes coa instalación da última Ubuntu. O lugar no que se celebrará é no parque de A Bouza (preto da rúa Tui) en Vigo.
Este obradoiro encádrase dentro dunha xornada reivindicativa organizada pola asociación xuvenil Luar na que demanda un Centro Cultural para o barrio da Coia en Vigo.
