Tras máis de 12 anos de desenvolvemento, Wine, a implementación libre de Windows en Unix, xa dispón de versión estable e soportando todo tipo de aplicacións do sistema operativo de Microsoft.
Comezou timidamente, case anecdóticamente, pero aos poucos foi adquirindo estabilidade, até chegar a ser o que é hoxe en día, un programa capaz de correr todo tipo de aplicacións Windows en Linux, sen necesidade de instalar o sistema operativo de Microsoft.
Unha nova versión, 1.0, robusta, estable e que supón a maioría de idade para as aplicacións Windows en Linux.
