Mancomún

Lanzado oficialmente o repositorio de xogos para Ubuntu, Playdeb

Mércores, 3 Setembro 2008

UbuntuOnte mesmo anunciouse oficialmente o lanzamento de Playdeb, o repositorio de xogos para Ubuntu. Este proxecto ofrece un repositorio para sistemas Ubuntu con todos os xogos do portal GetDeb.net. Desta forma, instalar novos xogos e actualizar os xa instalados pode facerse facilmente desde o xestor de paquetes do escritorio.

Despois de solucionar os problemas con Canonical e o anterior nome (chamábase Playbuntu e creaba confusión), o proxecto xa está en marcha e dispón dunha páxina web que aínda está en fase de probas. Na propia web hai unha sección dedicada a manter unha lista de xogos dispoñibles desde o repositorio, cun pantallazo, unha pequena descrición e o enlace para instalalo simplemente facendo click sobre el grazas a Apt-url.

 

Playdeb

 

Para instalar o repositorio só hai que ir a Sistema -> Administración -> Orixes do Software e no separador de Software de terceiros facer click sobre Engadir e pegar a seguinte liña:

deb mirror://www.getdeb.net/playdeb-mirror/hardy/// hardy/

Unha vez recargada a lista, desde o Menú principal -> Engadir e quitar pódese acceder a todos os xogos e instalalos comodamente.

Fonte: Genbeta

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal