Co lanzamento de Chrome aínda facendo eco en todos os medios, a xente de Mozilla tiña que contrarrestar dalgún xeito o incrible bo recibimento que está tendo este navegador de Google. Para isto os desenvolvedores de Firefox veñen de informar máis detalladamente das cualidades que terá a nova versión 3.1, a cal supostamente será lanzada a finais de ano.
Entre estas características, Mozilla quixo destacar a rapidez coa que funcionará o Firefox 3.1 coma unha das principais vantaxes fronte o resto de navegadores.
Aínda que actualmente, Crome corre baixo V8, un motor JavaScript open source que, segundo explica Google, é o máis rápido que se pode ver na web, Firefox 3,1 utilizará TraceMonkey.
TraceMonkey é un novo motor, do que xa deramos conta en Mancomún e que segundo o programador Brendan Eich, eclipsará calquera esforzo que a xente de Chrome poida realizar.
Para certificar estas declaracións, o desenvolvedor fixo unha proba, a través de SunSpider, comparando a Firefox e TraceMonkey e Chrome con V8. Os resultados, segundo se pode ver no gráfico, foi favorable para Firefox, sendo Chrome un 28% máis lento baixo Windows XP e 16% baixo Windows Vista.
Fonte: TechCrunch
