Esta nova versión do TPV OpenbravoPOS inclúe, ademais de corrección de erros, numerosas melloras entre as que o seu creador, Adrián Romero, destaca as seguintes:
- Mellora do sistema de impostos ou taxas. Agora é igual que o que emprega o ERP Openbravo. Creáronse novas ventás e modificáronse os informes. Grazas a isto é posible incluír funcionalidades que viñan sendo demandadas dende hai tempo como a posibilidade de ter dúas taxas diferentes para unha liña do recibo e soportar sistemas de taxas doutros países.
- Melloras no módulo de cliente. Engadíronse máis campos á táboa de cliente: campos de contacto e de localización. Estes campos tamén están dispoñibles cando se imprimen os tickets o que lle permite imprimir tamén facturas.
- Actualización das bibliotecas externas.
- Novos paquetes de instalación para os Sistemas Operativos máis empregados: Windows, Ubuntu e Suse.
- Outras melloras como a posibilidade de mesturar recibos en modo restaurantes, números de secuencia para os informes de peches de caixa, novo informe diario de clientes…
Fonte: Anuncio en Sourceforge
