Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
O proxecto Cherokee, un servidor web con licenza GPL2, creado polo madrileño Álvaro López Ortega, vén de anunciar, nas súas listas de desenvolvemento, un concurso patrocinado pola empresa Accenture.
A través deste concurso premiarase a mellor contribución recibida para o proxecto. O premio será un ultraportátil Asus EeePC.
Para entrar no concurso a contribución deberá ser enviada a contest at cherokee-project.com antes das 23:59 do 30 de Outubro de 2008 e aceptada polo proxecto. Esta contribución pode ser código, documentación, deseño gráfico ou publicidade sobre o proxecto Cherokee. O gañador anunciarase o 1 de Novembro.
Fonte: Listas de Cherokee
