Mancomún

Odt2dtbook: extensión para OpenOffice.org para gardar os documentos no formato estándar DAISY

Venres, 30 Xaneiro 2009

daisyOdt2dtbook é unha extensión para o procesador de textos de OpenOffice.org que nos permitirá exportar os nosos documentos ao formato DAISY 3 (Digital Accessible Information SYstem), sendo compatíbel tamén co contido matemático seguindo o estándar MathML.

DAISY 3 é un estándar NISO Z39.86 pensado especialmente para persoas con deficiencias visuais, cegas, ou que necesiten material especial para a lectura.

A versión actual desta extensión é a 1.1.1 publicada o 12 de xaneiro deste mesmo ano.

Na web do proxecto hai dispoñíbeis manuais da extensión tanto en formato DAISY como en formato audiolibro para iPod.

Aquí vos deixamos unha ligazón a un vídeo onde explican que é o estándar DAISY e como axuda ás persoas con deficiencias visuais:
http://www.youtube.com/watch?v=PJwBdVr_1LM

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal