Mancomún

Oferta de emprego de Fillos de Galicia

Martes, 16 Xuño 2009

O sitio web Fillos de Galicia acaba de publicar unha oferta de emprego da que nos facemos eco. As características desta oferta de emprego son as seguintes:

Descrición do posto: Asistente técnico/a informático/a
Comezo do contrato: 15 de xullo de 2009
Tipo de contrato: ata fin de ano 2009, con posibilidades de continuidade no 2010.

Horas/semana: 20 h (4 h/día x 5 días).
Soldo bruto/mes (incluída pro rata pagas extra): 700 euros. 

Entre algúns dos requirimentos destacan a experiencia en programación en contornos Apache-MySQL-PHP, experiencia en deseño web con HTML, CSS, Javascript, etc e coñecementos avanzados en contornos Linux.

No apartado de valoración teranse en conta a experiencia na instalación, configuración e adaptación de ferramentas de software libre como: MediaWiki, WordPress, phpBB2/phpBB3, DokuWiki, etc.
Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.fillos.org/galicia/index.php?name=PNphpBB2&file=viewtopic&p=13760

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal