Corría o ano 2000 cando a televisión norteamericana emitía o documental Code Rush, no cal se seguían os pasos da mítica empresa Netscape Communications. Este documental recolle o período de Marzo de 1998 ata Abril de 1999, un período no que os empregados de Netscape Communications traballaron arreo para liberar o código do seu navegador Netscape Communicator, nun último intento de salvar a empresa da quebra e fundar o que hoxe coñecemos como o proxecto Mozilla.
Os responsábeis deste documental, ao que decidiron chamar “Proxecto Code Rush”, estano liberando baixo a licenza Creative Commons Ver. 3 e pode verse en liña ou descargarse, incluso os autores prometen liberar pro
nto centos de horas de gravacións non empregadas.
A partir desta iniciativa espérase que aparezan pronto versións traducidas a múltiples idiomas, pero mentres non haxa a versión en galego, podemos gozar en inglés desta obra que mostra un fito importante da historia da informática, de Internet e do código aberto ocorrido hai xa dez anos.
Premendo a seguinte ligazón pódese ver en liña este documental:
E premendo a seguinte ligazón accédese ao web de descarga do documental, que pode atopar nos formatos MP4 e AVI:
http://clickmovement.org/content/code-rush-download
Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/eventos/netscape-code-rush
