A asociación Melisa informa que o vindeiro día 19 de abril terá lugar unha xornada de difusión sobre AinfoVac. A xornada celebrarase ás 12 da mañá, na Cooperativa Melisanto en Melide, co obxectivo de dar a coñecer dita aplicación de xestión de explotacións agrogandeiras. O acto está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man as características desta aplicación informática, e especialmente aos propietarios de explotacións agrogandeiras.
A xornada será impartida por José Manuel Campos, director técnico de Ainfogra (Aula informática agraria) e Rafael Rodríguez Gaioso, presidente de MeLiSA.
AinfoVac, como o propio José Manuel Campos explica neste vídeo, é unha aplicación informática deseñada para a xestión dunha explotación gandeira en tódolos seus procesos produtivos, facturación, xestión de compras e ventas, rexistro de animais, control xenético, control de cultivos, alimentación, vacinación, etc. para o que conta cos módulos de:
- Facturación: Permite un control total sobre compras, ventas, stocks, prezos medios, evolución de prezos, cantidades, etc.
- Gandeiría: Rexistro dos animais, xestión de incidencias, Alimentación, Racionamento, Control xenético Acoplamento, etc.
- Cultivos: Control de cultivos, custes, producións, etc
- Custes Fixos: Amortizacións, Cálculo custo maquinaria, Man de Obra, etc.
- Informes: Índices de rendemento, Conta de resultados, compras, ventras, incidencias, etc
Esta aplicación distribúese baixo unha licenza libre, concretamente GPL, que permite a súa utilización, copia e modificación, así como a súa distribución gratuíta.
Esta xornada é posible ademais grazas á colaboración da Cooperativa Melisanto, ASETEM e o Concello de Melide.
