Mancomún

Yellow Dog Linux 6.2

Mércores, 8 Xullo 2009
Yellow DogFixstars anunciou a dispoñibilidade inmediata de Yellow Dog Linux 6.2, a coñecida distribución enfocada cara a familia de procesadores da arquitectura Power, que contará con varias actualizacións para facela máis sinxela de instalar, máis rápida, e máis fácil de usar.

Esta nova versión é compatíbel con:

  • Productos Apple PowerPC G4/G5
  • PlayStation3, de Sony
  • YDL PowerStation

Nesta versión inclúese a opción de empregar o popular Xfce como escritorio mais Enlightenment DR17 segue a ser o contorno de escritorio predeterminado.
Esta versión ofrece as seguintes actualizacións e melloras fronte á versión 6.1:

  • Posibilidade de instalar e arrancar dende unidades USB
  • Núcleo linux 2.6.29 para ppc64, e 2.6.27 para ppc32
  • SDK IBM Cell 3.1.0.1
  • Contorno de escritorio Xfce 4
  • OpenOffice 3.0
  • Mozilla Firefox 3.0.6
  • Wicd mellorado para a xestión de redes sen fíos
  • Compatibilidade mellorada con PS3VRAM, o módulo do núcleo que permite empregar a memoria de vídeo da PS3 como espazo de intercambio
  • Libfreevec, unhas bibliotecas que substitúen varias rutinas da GLIBC optimizándoas para procesadores PowerPC
  • Gnash v0.8.4
  • Máis de 600 paquetes actualizados
  • Máis de 2500 paquetes novos en EPEL (“Extra Packages for Enterprise Linux”), dispoñíbeis vía yum.

Fonte: http://www.h-online.com/open/Yellow-Dog-Linux-6-2-released–/news/113648

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal