Mancomún

Boletín de Mancomún — Maio 2026

Venres, 29 Maio 2026
Boletín de Mancomún — Maio 2026

Xa está dispoñible o boletín de maio de Mancomún, o espazo de referencia para estar ao día das novas do software libre, hardware libre e cultura libre en Galicia.

Apúntate no pé de páxina do portal de Mancomún, para recibilo todos os meses no teu correo.

Fondo branco co texto en azul. Na lateral esquerda da imaxe hai unha franxa azul que di "Permanente Informado do Software Livro". Debaixo franxas azuis para "Francia Abandona Windows".

GPUL premia os mellores traballos académicos con software libre

O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux convoca unha nova edición do Premio ao Mellor Traballo de Fin de Estudos Libre 2026 (Premio Especial Alejo Pacín Jul). A principal novidade deste ano é a incorporación do alumnado de Formación Profesional, ademais dos estudantes de grao e máster. O prazo de inscrición remata o 4 de outubro.

Francia dá o paso: migración masiva a Linux nos equipos do goberno

A través da DINUM, o goberno francés iniciou a transición para abandonar Windows en toda a Administración, priorizando a soberanía dixital. Todos os ministerios deberán presentar o seu plan de transición antes do outono de 2026.

Unha páxina web cun cabeceiro azul que mostra o texto "Mancomun" e "Mancomun podcast". Debaxo diso, hai dúas columnas de imaxes co logos de diferentes empresas como "framadate", "firefox". O fondo é branco, o que ofrece contraste aos elementos coloridos da páxina.

ONLYOFFICE reforza o seu editor PDF con funcionalidades profesionais

A ferramenta consolídase como alternativa libre a Adobe Acrobat, incorporando edición directa, OCR, sinaturas dixitais, formularios e a ferramenta de IA Smart Redact para a protección automática de datos sensibles.

En Mancomún podcast: o galego nas pantallas grazas ao software libre

No último episodio conversamos con Jesús Amieiro, enxeñeiro e tradutor voluntario ao galego de proxectos como WordPress, Firefox ou Thunderbird. Tamén está dispoñible o episodio sobre HackUDC, o maior hackathon estudantil de Galicia.

Recursos e guías

O boletín recolle ademais unha guía de software libre para estudantes universitarios e información sobre Framadate, alternativa libre a Doodle para organizar reunións sen rexistro nin custos.

Xornadas técnicas destacadas

Recóllense as charlas sobre tecnoloxía GaN impartida por Rocío Moure en Vigo e a xornada Kubernetes & AI, con sentidiño, celebrada na Coruña, con debate sobre escalabilidade, produción real e regulación ética da intelixencia artificial.

“En común”

Invita á comunidade a participar respondendo á terceira pregunta, co obxectivo de coñecer mellor o uso das tecnoloxías abertas en Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal