
Novas
No portal de Mancomún difundíronse este mes varios eventos como o curso en liña sobre “Edición de imaxes con GIMP” na aula CeMIT de Ames, publicáronse as subvencións para o fomento do uso do Software Libre e o Estudo sobre oficinas de ciberseguridade para mellorar a seguridade das solucións de software libre.
Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación de dous programa de Mancomún Podcast: Conversas libres e KiCon 2023, con Carlos Nieves, volveron os “Faladoiros de Mancomún” e publicouse un artigo TIC sobre Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Lista de tarefas con Tasks.
Proxecto destacado

Joplin é unha aplicación gratuíta, multiplataforma e de software libre para tomar notas en formato Markdonw. Tamén podes xestionar con ela tarefas pendentes ou xestionar un gran número de notas organizadas en cadernos. As notas pódense buscar, copiar, etiquetar e modificar directamente desde a aplicación ou desde o teu propio editor de texto.
As notas poden sincronizarse de forma segura mediante cifrado de extremo a extremo con varios servizos na nube, como Nextcloud, Dropbox, OneDrive e Joplin Cloud.
