Número 81 – Boletín Software Libre na Empresa – Febreiro 2024

Mércores, 28 Febreiro 2024
Número 81 – Boletín Software Libre na Empresa – Febreiro 2024
portada do Boletín Software Libre na Empresa – Febreiro 2024

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como o curso de programación en Python no CNTG, o curso de Drupal 10 Site Building, tamén no CNTG, o Obradoiros de Robótica xuvenil na Industriosa ou o hackathon estudiantil HackUDC, que tivo lugar na Coruña. Tamén falamos da Guía para a liberación de traballos universitarios, publicada polo Cixug.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi o Informe do Estado do Software Libre 2024 da Open Source Initiative, e que Mozilla e Matrix.org uníronse á OpenForum Europe. Publicamos en Mancomún diferentes contidos de interese como foron varios programas de podcast: Educación, Software libre e IA con David Lareo e Tecnología en el sector público, con Jaime Gómez-Obregón.

Publicouse tamén un artigo TIC sobre Proxectos libres de IA – A evolución dos LLMs e unha infografía nova de Mulleres en Tech, con Emma López.

Proxecto destacado

Filezilla Client é un cliente de ficheiros que soporta FTP, FTP sobre TLS (FTPS) e SFTP. É rápido e fiable, funciona en diversas plataformas, con moitas características útiles e unha interface gráfica de usuario intuitiva.

logo de Filezilla
The free ftp solution

É un software de código aberto distribuído de balde baixo os termos da Licenza Pública Xeral da GNU. FileZilla Server é un servidor FTP e FTPS, tamén de código aberto e gratuíto. Dispoñible en moitos idiomas.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal