
Novas
No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como a OSHWDem 2024, que terá lugar o 12 de outubro, próximos cursos na Aula CeMIT do Concello de Boiro, a WordCamp Vigo 2024 e a charla “Podo ser ti: Xogando con síntesis de voz usando IA”.
Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación do artigo sobre “Ferramentas libres para a edición de PDF’s”, un artigo sobre “Aplicacións libres orientadas a empresa – Mantén a túa atención con Pomatez” e outra das “Entrevistas a persoas da comunidade de software libre: Esperanza Martín”. Tamén publicamos un podcast sobre a Akademy-es 2024.
Continuamos completando e difundindo novas seccións do portal de Mancomún, como son a Axenda de Mancomún onde recollemos eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre e a Apeiría, onde poder probar solucións empresariais de software libre de forma sinxela, sen necesidade de instalar nada.
Proxecto destacado
FOG Project é unha suite gratuíta e de software libre para a clonación, rescate, inventario e xestión de imaxes de disco. As características poden ser activadas a través dunha interface web unha vez que a máquina cliente foi rexistrada en FOG.

FOG pode ser usado para clonar PCs con Windows XP, Vista, Windows 7, Windows 8/8.1 e Windows 10, Windows 11 usando PXE, PartClone e unha interface gráfica web para conectalo todo. Inclúe características como proba de memoria e disco, limpeza de disco, análise de virus, programación de tarefas, xestión de inventario, implementación remota de sistemas operativos e instalación remota de paquetes de software.
 
					 
		 
			
 
			 
				