Mancomún

Obradoiro de análise de datos con R aplicada ás ciencias sociais

Xoves, 1 Outubro 2026
Obradoiro de análise de datos con R aplicada ás ciencias sociais

Se sempre quixeches meterte no mundo da análise de datos pero pensabas que era cousa só de informáticos, hai novas para ti. Gastón Becerra, docente e investigador vinculado á Licenciatura en Socioloxía da UFLO e á Diplomatura en Ciencias Sociais Computacionais (UFLO e UCA), publicou un material aberto titulado “Primeiros pasos en análise de datos para ciencias sociais con R”, pensado para quen nunca tocou unha liña de código pero quere aprender a facer falar aos datos.

A imaxe presenta unha serie de seis gráficos dispostos nunha liña nun fondo branco. Una persoa está parada no canto superior esquerda da imaxe, de espaldas ao espectador. Os gráficos representan diversos puntos de datos, como gráfico de barras, gráfico de rosca e gráficos de dispersión.

De cero a analizar unha enquisa real

O obradoiu está deseñado para comezar “desde cero de verdade”: non fai falta experiencia previa en programación, aínda que si cómpre ter gañas de probar, equivocarse, ler os erros que aparecen na pantalla e volver intentalo. Iso si, o obxectivo final é ambicioso: chegar a pensar coma un analista de datos, é dicir, partir dunha pregunta de investigación e dun conxunto de datos, e saber que operacións hai que facer para construír unha resposta.

O percorrido organízase en catro grandes pasos:

  1. Preparar o contorno para traballar con R.
  2. Cargar e explorar un conxunto de datos (dataset).
  3. Manipular e transformar unha táboa de datos para crear novas variables e grupos, e representalos en gráficos.
  4. Responder preguntas de investigación a partir do traballo realizado.

Software libre na nube, sen instalacións complicadas

Un dos puntos que máis vai gustar á comunidade do software libre é que todo o traballo técnico se apoia en R, unha das linguaxes de programación de referencia —e de código aberto— para a análise estatística e o tratamento de datos. Para evitar problemas con instalacións, o obradoiro emprega Posit Cloud, un servizo que permite executar R directamente na nube dende calquera navegador.

Como exemplo práctico, o alumnado traballará cun subconxunto anonimizado dunha enquisa real sobre actitudes, crenzas e usos da intelixencia artificial na poboación adulta de Arxentina. A pregunta que guiará todo o percorrido: unha actitude favorable cara á intelixencia artificial implica confianza nas súas capacidades concretas? A partir de aí, o curso propón unha idea central moi interesante: a aceptación da IA non é homoxénea, xa que se pode ter unha valoración xeral positiva e, ao mesmo tempo, dúbidas ou rexeitamentos ante usos moi específicos.

Materiais abertos

Este material forma parte dunha liña de traballo máis ampla adicada a acompañar o ensino e a aprendizaxe das ciencias sociais computacionais, cunha filosofía clara: achegar as ferramentas computacionais ao traballo propio das ciencias sociais sen perder de vista as preguntas, os problemas e as formas de interpretación propias destas disciplinas. Os seus autores defenden que as ciencias sociais computacionais son un espazo ideal para a reflexión epistemolóxica e a mirada crítica dende a Socioloxía.

Ademais deste obradoiro, no sitio web Recursos Sociolóxicos pódese atopar máis material aberto e gratuíto: titoriais e guías para seguir practicando con R e ferramentas dixitais, clases abertas, conversatorios e podcasts sobre socioloxía e IA, proxectos de investigación, ferramentas de desenvolvemento propio para a investigación social, e publicacións de divulgación sobre tecnoloxía e sociedade.

Máis información: https://gastonbecerra.github.io/primeiros-pasos-r/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal