openDesk, mellora da soberanía dixital na Administración Europea

Martes, 7 Novembro 2023
openDesk, mellora da soberanía dixital na Administración Europea

O proxecto openDesk, liderado polo Ministerio Federal do Interior alemán (BMI) en colaboración cun amplo equipo de expertos en software libre de Collabora, Dataport, Univention, OpenXchange, Nextcloud, XWiki, OpenProject e outros, promete redefinir a forma na que os gobernos interactúan coa tecnoloxía.

openDesk

openDesk é unha visión de liberdade dixital e autodeterminación para gobernos e organizacións en toda Europa. No seu núcleo, openDesk é un espazo de traballo dixital deseñado para ofrecer unha alternativa aberta e sustentable ao software privativo. Trátase de reducir as dependencias das grandes empresas tecnolóxicas globais e tomar o control dos datos críticos.

Ferramentas esenciais como Collabora Online capacitarán á administración pública para traballar de forma eficiente e segura, mantendo o control total sobre os seus datos.

compoñentes previstos para o lanzamento básico a finais de 2023
Unha visión xeral de todos os compoñentes previstos para o lanzamento básico a finais de 2023

Principios detrás de openDesk

Soberanía Dixital: Queremos poñer os usuarios, como os gobernos, no control da súa infraestrutura tecnolóxica.
Software libre: O proxecto basease en software de código aberto, aumentando a transparencia e flexibilidade, e colaborando en torno ao código en aberto, o cal é fundamental para o noso negocio.
Colaboración: Con varios socios involucrados, openDesk mostra o poder da colaboración na abordaxe de grandes proxectos de migración.
Servizo aos Usuarios: A construción da implementación de referencia de openDesk co Ministerio Federal do Interior e a Comunidade Alemá permitirá levar o software libre a un gran número de asentos gobernamentais en Europa.

Os documentos migrados ao openDesk deberían manter un aspecto case idéntico e unha funcionalidade equivalente, e os fluxos de traballo para crear e revisar documentos deben ser dabondo semellantes para ser cómodos.

Estase implementando unha serie de cambios e actualizacións en Collabora Online para mellorar a intergración con ferramenta de xestión de citas e referencias (Zotero), mellora da accesibilidade (modo escuro ou funcionalidade de lector de pantalla), táboas flotantes de múltiples páxinas, táboas dinámicas compactas, degradados de múltiples paradas, navegación de documentos, entre outras.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal