Número 110 – Boletín de Software Libre na Administración – Setembro 2023

Martes, 19 Setembro 2023
Número 110 – Boletín de Software Libre na Administración – Setembro 2023

Novas

  • Mulleres en Tech – María Caseiro [Ler máis…]
  • Preservar a lingua estoniana con software libre [Ler máis…]
  • Estudo do Open Source Observatory sobre o proxecto Mancomún [Ler máis…]
  • O Goberno británico recomenda o software libre na contratación pública [Ler máis…]
  • Mancomún Podcast: AtlánticaConf 2023 [Ler máis…]
  • Estratexia Nacional de Ciencia Aberta en España [Ler máis…]

Proxecto destacado

Logo de Nginx

Nginx é un servidor web de software libre que tamén pode utilizarse como proxy inverso, equilibrador de carga, proxy de correo e caché HTTP. Foi liberado baixo os termos da licenza BSD de 2 cláusulas.

Hoxe e día, unha gran parte dos servidores web utilizan Nginx, a miúdo como equilibrador de carga.

Caso de éxito

Logo de Label

O Tribunal Supremo francés (Cour de Cassation) publicou de forma aberta o programa Label, que utiliza para anotación de grandes volumes de texto e así poder publicar decisións xudiciais co fin de abrir os datos. O programa é de uso xeral, pero tamén ten funcións específicas para as sentenzas xudiciais, como a anonimización e a categorización xurídica. Esta ferramenta permite aos anotadores corrixir e revisar decisións que foron previamente anotadas por un algoritmo.

LABEL permite unha gran variedade de tipos de anotacións: desde números de teléfono, ata datas de nacemento e números de contas bancarias. Pódese personalizar tamén con campos chamados “anotacións suplementarias”. É un gran candidato para a súa ampla reutilización na UE. Máis información na guía de reutilización.

Formación e eventos

Segue a…

Twitter do portal oficial Europeo de Datos @EU_opendata. Máis de 1 millón de conxuntos de datos, estudos, casos de uso, eventos e noticias, #OpenData.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal