Etiqueta: PlanDeAccion
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar o Plan de Acción en Software Libre 2024 pra promover o uso e reutilización de software libre na administración pública; impulsar unha oferta de solucións libres e de calidade para as empresas; e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade.

O plan abrangue actividades que van dende a tradución de Software Libre, a organización de xornadas, cursos, obradoiros, o fomento do software libre en proxectos de cooperación ou solidariedade social, a introdución á robótica educativa con software e hardware libre ou a formación en Software Libre nas Universidades, entre outras.
Boa parte destas actuacións desenvólvense en colaboración cos principais axentes do ecosistema de software libre galego: a Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL); as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL); e o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas.

Software Libre na Administración
No ámbito da administración a o Plan contempla a promoción o emprego de tecnoloxías libres en proxectos de calado e mantén o compromiso de liberación de novas solucións tecnolóxicas desenvolvidas pola administración pública galega para facilitar a súa reutilización.
A Oficina de Software Libre seguirá sendo o punto central de coordinación e dinamización de todas estas iniciativas. E tamén o punto de contacto para resolver calquera cuestión relacionada neste ámbito.
Software Libre na empresa
No ámbito empresarial, as actuacións irán dirixidas a promover o uso de solucións libres de calidade que permitan ás nosas empresas mellorar en eficacia e competitividade. O renovado servizo de proba de aplicacións na nube (apeiria.mancomun.gal), que permite ás empresas galegas acceder de balde a instalacións de proba de diferentes ferramentas de software libre para avaliar se cubren as súas necesidades, incrementará a súa oferta de solucións.
Tamén se fará especial fincapé na difusión das boas prácticas da corrente InnerSource entre as empregas galegas, co obxectivo de mellorar os seus procesos apoderándose das técnicas de xestión dos proxectos de software libre.
Software Libre para a cidadanía
Entre as actuacións dirixidas á cidadanía seguiranse potenciando as tecnoloxías libres dentro dos programas de alfabetización e capacitación dixitais da Rede de aulas CeMIT. O portal Mancomún seguirá sendo o punto central de difusión e información e incorpora a sección Axenda, un calendario centralizado con todas as actuacións relacionadas co software libre en Galicia.
Tamén, como xa vén sendo habitual, dende Mancomún seguiranse a impulsar diferentes actividades orientadas a poñer en valor o destacado papel das mulleres na tecnoloxía, para crear referentes que potencien as vocacións nas nenas galegas cara o ámbito tecnolóxico. Todas estas iniciativas agrúpanse baixo o lema MulleresEnTech.
Balance do Plan de Software Libre 2023
Xunto co plan 2024 publícase tamén o balance das actuacións de fomento do software libre desenvolvidas pola Amtega e en colaboración cos distintos axentes durante o ano 2023.
O pasado ano leváronse a cabo máis de 80 actividades en colaboración co ecosistema galego de Software Libre, nas que participaron máis de 2.800 persoas. A repercusión internacional da actividade da Oficina de Software Libre fixo que se publicase un especial sobre Mancomún no portal europeo JoinUP e varias aparicións no newsletter de InnerSource Commons.
O portal Mancomún seguiu a ser o punto de referencia sobre o software libre en Galicia, publicando máis de 400 novas ao longo do ano, artigos técnicos especializados, pílulas en formato vídeo, ou os diferentes programas do podcast de Mancomún. Renovouse o repositorio documental que conta xa con máis de 330 entradas e máis de 180 solucións TIC de software libre.
O plan de Software Libre recolle os compromisos, obxectivos e actividades promovidas dende a administración pública para o fomento do uso de Software Libre en Galicia. Unha tarefa importante deste plan é sen dúbida o seguimento continuo das actuacións así como a análise dos resultados e obxectivos acadados, como parte da estratexia de mellora continua na definición de novas actuacións dirixidas a incrementar o uso e o coñecemento das solucións tecnolóxicas baseadas no software libre, que poidan servir de ferramenta transversal para a consecución dos obxectivos definidos na Axenda Dixital 2030.
Así pois, neste documento preséntase o balance das actuacións para o fomento do software libre desenvolvidas durante o exercicio 2022, ano no que se realizaron ata 100 actuacións dirixidas tanto á cidadanía en xeral como ao sector empresarial en particular, así como á propia administración pública. Cómpre destacar que parte destas actuacións supuxeron arredor de 24.000 horas de formación en software libre a máis de 18.800 persoas.
No ámbito do tecido empresarial galego, destacar que o GaiásTech seguiu a ser o punto de referencia que aglutinou a maioría das actividades de fomento do software libre empresarial. Gran parte da súa oferta formativa estivo relacionada con tecnoloxías libres ou metodoloxías ou tecnoloxías TIC de carácter xenérico. Incorporouse unha nova solución ao GaiásTech Cloud, que conta xa cun total de 12 solucións. Pola súa parte dende o portal mancomun.gal reforzouse a difusión de solucións TIC cunha serie de podcast sobre ferramentas libres de interese para as empresas, un artigo tecnolóxico para fomentar a elección de software libre respecto a outras solucións de dixitalización dentro do programa Kit Dixital, e a realización de entrevistas de casos de éxito de implantación de solucións de software libre en empresas.
No relativo á cidadanía en xeral, podemos destacar que durante este ano mantívose a difusión a través do portal Mancomún, con máis de 400 novas publicadas. O podcast de Mancomún consolidouse como unha nova forma de difusión, que non deixa de medrar en oíntes. Pola súa parte, grazas á colaboración cos diferentes axentes do software libre de Galicia conseguiuse a realización dun total de 97 actividades ao longo da xeografía galega, superando as realizadas no 2021 e recuperando valores previos a pandemia de COVID19, onde se viran moi reducidas por motivo das restricións sanitarias e que, combinando formatos presencias e online, chegaron a un gran número de persoas. Todas estas actividades foron de carácter gratuíto e abertas ao público xeral, relacionadas con temáticas diversas tanto no ámbito do software como do hardware libre.
Por último, pero non menos importante, destacar no ámbito da administración pública, a liberación de dun novo proxecto como software libre por parte da Xunta de Galicia; a difusión e formación en software libre para o persoal ao servizo da administración así como a evolución continua da plataforma corporativa de desenvolvemento de aplicacións na que maioritariamente se inclúen solucións libres. Este ano tamén se publicou unha nova guía de boas prácticas para liberación de contidos e software, iniciativa pioneira por parte dunha administración pública, e que tivo moi boa acollida por parte da comunidade de Software Libre.
O plan de Software Libre recolle os compromisos, obxectivos e actividades promovidas dende a administración pública en colaboración cos axentes galegos do Software Libre para a difusión e o fomento do uso de Software Libre en Galicia en tres ámbitos principais de actuación: empresas, cidadanía e a propia administración pública.
A Oficina de Software Libre da Xunta de Galicia, encadrada na Área de Sociedade Dixital da AMTEGA, é a encargada de canalizar todas as accións recollidas neste plan, así como asesorar aos distintos axentes do goberno rexional en materia de software libre e datos abertos. Ofrece, ademais, labores de asesoramento e difusión a outras administracións locais, así como ao sector privado e á cidadanía.
O fomento do uso do Software Libre nas empresas é un dos ámbitos de actuación aos que a Amtega presta especial atención como medio para contribuír á mellora da eficacia e competitividade deste sector.
Ademais das actuacións coordinadas pola Oficina de Software Libre da Amtega, cóntase tamén coa colaboración de AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre).
Outro dos eixos nos que se enfocan as actuacións de fomento e difusión do software libre dende a Amtega é a cidadanía. Neste ámbito a Amtega manterá a colaboración cos diversos axentes do ecosistema galego do software libre, como as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL), o Consorcio Interuniversitario de Galicia (CIXUG) e os Colexios Profesionais, para a organización de actividades de promoción de Software e Hardware Libre para diferentes colectivos da cidadanía. Destacando tamén as actuacións que se promoverán a través da Rede CeMIT.
No eido da administración pública, as principais liñas de actuación consistirán en manter a aposta pola reutilización de software libre para o desenvolvemento de novos servizos, mediante o asesoramento e a difusión entre os responsables TIC de casos de éxito doutras administracións públicas; a difusión dos casos de éxito propios fóra da nosa comunidade; así como o fomento da publicación e liberación de novas solucións de software desenvolvidas pola Xunta de Galicia.
O portal mancomun.gal manterase como o portal público de referencia na difusión de software libre en Galicia. Nel, a Oficina de Software Libre da Amtega recolle as novas e a actualidade do ecosistema galego, ademais de servir de canle a través da que se dará conta das actuacións promovidas pola Amtega para o fomento do software libre na comunidade.
Como se vén facendo de xeito habitual, a través do portal reforzaránse outras actuacións que se veñen levando a cabo para a difusión do software libre entre a cidadanía, incorporando novos medios de difusión e potenciando a elaboración de material audiovisual, que complemente as outras liñas de actuación, como entrevistas, videotitoriais, pílulas informativas ou reportaxes sobre eventos.
A Amtega renova un ano máis a súa aposta polo software libre, mediante a realización de diversas actuacións que se desenvolverán para a difusión de solucións tecnolóxicas de software libre.O plan de Software Libre recolle os compromisos, obxectivos e actividades promovidas dende a administración pública en colaboración cos axentes galegos do Software Libre para a difusión e o fomento do uso de Software Libre en Galicia en tres ámbitos principais de actuación: cidadanía, empresas e a propia administración pública.
Estas actuacións serán desenvolvidas un ano máis contando coa colaboración de diferentes axentes do tecido do software libre en Galicia como son a asociación de empresas de software libre de Galicia (AGASOL), as asociacións de usuarios e usuarias de software libre (AGUSL), as universidades galegas (CIXUG), os colexios profesionais de informática, etc. Todos eles contarán co apoio da AMTEGA e a súa Oficina de Software Libre para maximizar a coordinación e obtención de resultados.
Dentro do ámbito empresarial, o GAIASTECH será o elemento central ao redor do que pivotarán as actuacións de fomento das TIC en xeral e do Software Libre en particular, con especial atención ás tecnoloxías emerxentes, que permitan enriquecer o tecido empresarial galego. As actuacións enfocaranse a promover a oferta de solucións de calidade baseadas en software libre dirixida ás empresas, a través de sesións de difusión no propio centro, a través da difusión no portal mancomun.gal e do resto de canles dixitais da Amtega. Os estudos do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA) sobre a evolución do uso do software libre serven de base para coñecer e responder o máis axeitadamente posible as necesidades das empresas galegas.
Rede CeMIT, a colaboración coas AGUSL e o CIXUG no eido universitario. Reforzarase a difusión do software libre para a cidadanía, igual que no caso das empresas, a través do portal mancomun.gal, incorporando novos medios de difusión potenciando a elaboración de material audiovisual, que complemente as outras liñas de actuación.
A avaliación das actividades realizadas así como a análise dos obxectivos alcanzados son dous piares fundamentais de toda estratexia de mellora continua. Por esta razón, a AMTEGA vén realizando cada ano estas dúas prácticas como eixo fundamental da súa política de software libre.
Así pois, neste documento preséntase o balance das actuacións para o fomento do software libre desenvolvidas durante o exercicio 2021. Así pois realizáronse 79 actuacións dirixidas tanto á cidadanía en xeral como ao sector empresarial en particular, así como á propia administración pública. Cómpre destacar que parte destas actuacións supuxeron case 25.000 horas de formación en software libre a preto de 17.200 persoas.
No ámbito do tecido empresarial galego, destacar que o Centro Demostrador TIC seguíu a ser o punto de referencia que aglutinou a maioría das actividades de fomento do software libre empresarial, ata a posta en funcionamento do GaiásTech na segunda metade do ano, pasando a asumir esta labor. Así podemos destacar, que case o 90% da súa oferta formativa estivo relacionada con tecnoloxías libres ou metodoloxías ou tecnoloxías TIC de carácter xenérico. Durante o 2021 algo máis de 150 empresas galegas participaron nas ac- tividades desenvolvidas sobre solucións de software libre. Incorporouse unha nova solución ao GaiásTech Cloud, que conta xa cun total de 11 solucións. Pola súa parte dende o portal reforzouse a difusión de solucións TIC, artigos tecnolóxicos, cunha serie sobre ciberseguridade, e entrevistas de casos de éxito de implantación de solucións de software libre en empresas.
No relativo á cidadanía en xeral, podemos destacar que durante este ano mantívose a di- fusión a través do portal Mancomún, con máis de 400 novas publicadas no mesmo. O podcast de Mancomún consolidouse como unha nova forma de difusión, que non deixa de medrar en oíntes. Pola súa parte, grazas á colaboración cos diferentes axentes do software libre de Galicia conseguiuse a realización dun total de 75 actividades ao longo da xeografía galega, duplicando as realizadas no 2020 onde se viran moi reducidas por motivo das restricións fronte á COVID19, e que combinando formatos presencias e online, chega- ron a un gran número de persoas. Todas estas actividades foron de carácter gratuíto e abertas ao público xeral relacionadas con temáticas diversas tanto no ámbito do software como do hardware libre.
Por último, pero non menos importante, destacar no ámbito da administración pública, a liberación de dun novo proxecto como software libre por parte da Xunta de Galicia; a difusión e formación en software libre para o persoal ao servizo da administración así como a evolución continua da plataforma corporativa de desenvolvemento de aplicacións na que maioritariamente se inclúen solucións libres.
A Amtega renova un ano máis a súa aposta polo uso do software libre. O plan de acción en software libre 2021 presentado neste documento recolle as distintas actuacións que se desenvolverán para o fomento, promoción e difusión de solucións tecnolóxicas baseadas en software libre no sector empresarial, o achegamento do software libre ao conxunto da sociedade e o fomento da reutilización do software na administración pública.
Estas actuacións serán desenvolvidas un ano máis contando coa colaboración de diferentes axentes do tecido do software libre en Galicia como son a asociación de empresas de software libre de Galicia (AGASOL), as asociacións de usuarios e usuarias de software libre (AGUSL), as universidades galegas (CIXUG), os colexios profesionais de informática, etc. Todos eles contarán co apoio da AMTEGA e a súa Oficina de Software Libre para maximizar a coordinación e obtención de resultados.
No ámbito empresarial, o Centro Demostrador TIC continuará a ser o elemento central ao redor do que pivotarán as actuacións de fomento das TIC en xeral e do Software Libre en particular. As actuacións enfocaranse a promover a oferta de solucións de calidade baseadas en software libre dirixida ás empresas, a través de sesións demostradoras no propio centro, a través da difusión a través do portal mancomun.gal ou a través da posta a disposición de novas solucións no Centro Demostrador TIC Virtual. Os estudos do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA) sobre a evolución do uso do software libre serven de base para coñecer e responder o máis axeitadamente posible as necesidades das empresas galegas.
No eido da reutilización de software libre na administración pública, as principais liñas de actuación consistirán en manter a aposta pola reutilización de software para o desenvolvemento de novos servizos, a difusión entre os responsables TIC de casos de éxito doutras administracións públicas, a difusión dos casos de éxito propios fóra da nosa comunidade así como a publicación e liberación de dúas novas solucións de software desenvolvidas pola Xunta de Galicia.
Por ultimo, no ámbito da cidadanía cómpre destacar as actuacións que se promoverán a través da Rede CeMIT, a colaboración coas AGUSL e o CIXUG no eido universitario manteranse as actuacións de fomento e difusión do software libre. Reforzarase a difusión do software libre para a cidadanía, igual que no caso das empresas, a través do portal mancomun.gal, incorporando novos medios de difusión potenciando a elaboración de material audiovisual, que complemente as outras liñas de actuación.
A avaliación das actividades realizadas así como a análise dos obxectivos alcanzados son dous piares fundamentais de toda estratexia de mellora continua. Por esta razón, a AMTEGA vén realizando cada ano estas dúas prácticas como eixo fundamental da súa política de software libre.
Así pois, neste documento preséntase o balance das actuacións para o fomento do software libre desenvolvidas durante o exercicio 2020. A pesar das dificultades orixinadas polo COVID19 e as restricións motivadas polo ben da saúde pública, a gran maioría de obxectivos puidéronse ver cumpridos, adaptando as actuacións as circunstancias e con gran compromiso por parte de todo o tecido de software libre implicado.Así pois realizáronse 41 actuacións dirixidas tanto á cidadanía en xeral como ao sector empresarial en particular, así como á propia administración pública. Cómpre destacar que parte destas actuacións supuxeron máis de 25.000 horas de formación en software libre a preto de 19.500 persoas.
No ámbito do tecido empresarial galego, destacar que o Centro Demostrador TIC segue a ser o punto de referencia que aglutina a maioría das actividades de fomento do software libre empresarial. Así podemos destacar, que case o 90% da súa oferta formativa estivo relacionada con tecnoloxías libres ou metodoloxías ou tecnoloxías TIC de carácter xenérico. Durante o 2020 algo máis de 400 empresas galegas participaron nas actividades desenvolvidas sobre solucións de software libre. Incorporouse unha nova solución ao Centro Demostrador TIC Virtual, que conta xa cun total de 10 solucións. Pola súa parte dende o portal mancomun.gal reforzouse a difusión de solucións TIC, artigos tecnolóxicos e entrevistas de casos de éxito de interese para as empresas durante o 2020, con énfase especial no teletraballo.
No relativo á cidadanía en xeral, podemos destacar que durante este ano mantívose a difusión a través do portal Mancomún, con máis de 500 novas publicadas no mesmo. O podcast de Mancomún consolidouse como unha nova forma de difusión, que non deixa de medrar en oíntes. Pola súa parte, grazas á colaboración cos diferentes axentes do software libre de Galicia conseguiuse a realización dun total de 34 actividades ao longo da xeografía galega, que aínda que son un número menor co respecto a outros anos, por motivo das restricións fronte á COVID19, ao ser maiormente online, chegaron a un gran número de persoas. Todas estas actividades foron de carácter gratuíto e abertas ao público xeral relacionadas con temáticas diversas tanto no ámbito do software como do hardware libre.
Por último, pero non menos importante, destacar no ámbito da administración pública, a liberación de dous novos proxectos como software libre por parte da Xunta de Galicia; a difusión e formación en software libre para o persoal ao servizo da administración así como a evolución continua da plataforma corporativa de desenvolvemento de aplicacións na que maioritariamente se inclúen solucións libres.
A Amtega renova un ano máis a súa aposta polo uso do software libre. O plan de acción en software libre 2020 presentado neste documento recolle as distintas actuacións que se desenvolverán para o fomento, promoción e difusión de solucións tecnolóxicas baseadas en software libre no sector empresarial, o achegamento do software libre ao conxunto da sociedade e o fomento da reutilización do software na administración pública.
Estas actuacións serán desenvolvidas un ano máis contando coa colaboración de diferentes axentes do tecido do software libre en Galicia como son a asociación de empresas de software libre de Galicia (AGASOL), as asociacións de usuarios e usuarias de software libre (AGUSL), as universidades galegas (CIXUG), os colexios profesionais de informática, etc. Todos eles contarán co apoio da AMTEGA e a súa Oficina de Software Libre para maximizar a coordinación e obtención de resultados.
No ámbito empresarial, o Centro Demostrador TIC continuará a ser o elemento central ao redor do que pivotarán as actuacións de fomento das TIC en xeral e do Software Libre en particular. As actuacións enfocaranse a promover a oferta de solucións de calidade baseadas en software libre dirixida ás empresas, a través de sesións demostradoras no propio centro, a través da difusión a través do portal mancomun.gal ou a través da posta a disposición de novas solucións no Centro Demostrador TIC Virtual. Os estudos do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA) sobre a evolución do uso do software libre serven de base para coñecer e responder o máis axeitadamente posible as necesidades das empresas galegas.
No eido da reutilización de software libre na administración pública, as principais liñas de actuación consistirán en manter a aposta pola reutilización de software para o desenvolvemento de novos servizos, a difusión entre os responsables TIC de casos de éxito doutras administracións públicas, a difusión dos casos de éxito propios fóra da nosa comunidade así como a publicación e liberación de dúas novas solucións de software desenvolvidas pola Xunta de Galicia.
Por ultimo, no ámbito da cidadanía cómpre destacar as actuacións que se promoverán a través da Rede CeMIT, a colaboración coas AGUSL e o CIXUG no eido universitario manteranse as actuacións de fomento e difusión do software libre. Reforzarase a difusión do software libre para a cidadanía, igual que no caso das empresas, a través do portal mancomun.gal, incorporando novos medios de difusión potenciando a elaboración de material audiovisual, que complemente as outras liñas de actuación.
A avaliación das actividades realizadas así como a análise dos obxectivos alcanzados son dous piares fundamentais de toda estratexia de mellora continua. Por esta razón, a AMTEGA vén realizando cada ano estas dúas prácticas como eixo fundamental da súa política de software libre.
Neste documento recóllense pois as principais actuacións levadas a cabo durante o ano 2019 e os principais fitos alcanzados no impulso e difusión do software libre.
O plan de Software Libre 2019 materializouse coa realización de máis de 130 actuacións dirixidas tanto á cidadanía en xeral como ao sector empresarial en particular, así como á propia administración pública. Cómpre destacar que parte destas actuacións supuxeron unhas 28.700 horas de formación en software libre a preto de 27.500 persoas.
No ámbito do tecido empresarial galego, destacar que o Centro Demostrador TIC segue a ser o punto de referencia que aglutina a maioría das actividades de fomento do software libre empresarial. Así podemos destacar, que case o 90% da súa oferta formativa estivo relacionada con tecnoloxías libres ou metodoloxías ou tecnoloxías TIC de carácter xenérico. Durante o 2019 case 150 empresas galegas participaron nas actividades desenvolvidas sobre solucións de software libre. Incorporouse unha nova solución ao Centro Demostrador TIC Virtual, que conta xa cun total de 9 solucións. Pola súa parte dende o portal mancomun.gal reforzouse a difusión de solucións TIC, artigos tecnolóxicos e entrevistas de casos de éxito de interese para as empresas durante o 2019. O estudo da presenza do software libre no tecido empresarial confirma novamente que estas actuacións non só están a ser efectivas senón que continúan a ser as máis demandadas polo empresariado.
No relativo á cidadanía en xeral, podemos destacar que durante este ano reforzouse a difusión a través do portal mancomún, case triplicando o número de novas publicadas no mesmo. Ademais iniciouse a publicación dun podcast periódico co obxectivo de chegar a máis público, máis afeito a outros modos de consumición de información. Pola súa parte, grazas á colaboración cos diferentes axentes do software libre de Galicia conseguiuse a realización dun total de 123 actividades ao longo da xeografía galega. Todas estas actividades foron de carácter gratuíto e abertas ao público xeral relacionadas con temáticas diversas tanto no ámbito do software como do hardware libre.
Por último, pero non menos importante, destacar no ámbito da administración pública, a liberación dun novo proxecto como software libre por parte da Xunta de Galicia; a difusión e formación en software libre para o persoal ao servizo da administración así como a evolución continua da plataforma corporativa de desenvolvemento de aplicacións na que maioritariamente se inclúen solucións libres.
O Plan anual de Software Libre recolle todas a actuacións que levarán a cabo os distintos axentes para o fomento, promoción e difusión desta forma de entender o desenvolvemento de software e hardware, en aberto e a través da colaboración.
As actuacións aquí recollidas son levadas a cabo polos diferentes axentes que conforman o tecido de software libre en Galicia, asociacións de usuarias e usuarios de software libre, asociacións de empresas, colexios profesionais, universidades, etc… todas elas apoiadas pola administración a través da AMTEGA e a súa Oficina de Software Libre, exercendo como cabeza tractora para que todas estas actuacións cheguen aos seus destinatarios: A propia administración pública, o tecido empresarial e a cidadanía.
O impulso do software libre, que representa a innovación, a aposta polos estándares abertos, que permiten a interacción entre sistemas sen prexuízo da escolla tecnolóxica, e o fomento da reutilización de solucións, son as tres claves que permiten o impulso da sociedade da información nesta nova era na que nos atopamos xa de cheo.
O tecido galego de software libre é o encargado desta difusión a través de diferentes actividades repartidas a través de toda a xeografía galega. Este tecido, rico en variedades e formas, permite a través de actividades locais, orientadas a perfís diferentes, sumar e alcanzar a unha grande cantidade de público obxectivo, garantindo así unha importante oferta para todo tipo de colectivos.
O impulso polo uso de ferramentas de software libre na propia administración permite tamén un maior grao de cumprimento do uso de estándares abertos, o que permite que a comunicación entre os diferentes sistemas e tamén entre os diversos actores coa administración sexa máis sinxela.
O fomento da reutilización de solucións implica primeiro a necesidade de establecer unha vixilancia tecnolóxica, entendida como a necesidade de coñecer as iniciativas que se están a levar a cabo en outras administracións, así como as novas ferramentas dispoñibles. A través da Oficina de software libre da Amtega lévase a cabo esta vixilancia tecnolóxica que da lugar por exemplo á publicación mensual de dous boletíns con información sobre o uso de ferramentas de software libre e casos de éxito enfocados tanto á propia administración como ao tecido empresarial galego.
Pero para que se poidan reutilizar solucións, estas teñen que ser publicadas con licenzas de software libre. Por iso, a Xunta de Galicia ten o compromiso de publicar anualmente dúas solucións propias a través de licenzas de software libre, fomentado a súa reutilización así como a colaboración entre administracións para a súa mellora.
A difusión e posta en coñecemento das ferramentas dispoñibles no ámbito do software libre, así como os exemplos do seu uso por parte doutras entidades é determinante para a súa adopción. Por iso o portal Mancomún segue a xogar un papel moi importante ano tras ano na estratexia de difusión de software libre. Este portal seguirá a medrar, recollendo información sobre novas solucións e casos de éxito. Ademais adaptarase aos hábitos de consumo de información, ofrecendo o seu contido en formatos diversos, novas, artigos técnicos, comparativas, listados de solucións, boletíns, e tamén empezando a incorporar novos tipos de contido máis demandados actualmente como son os multimedia, a través do seu podcast, formato sonoro no que se recollan resumos da actividade no portal, entrevistas e resumos de eventos que teñen lugar no mundo do software libre.
A avaliación das actividades realizadas así como a análise dos obxectivos alcanzados son dous piares fundamentais de toda estratexia de mellora continua. Por esta razón, a AMTEGA vén realizando cada ano estas dúas prácticas como eixo fundamental da súa política de software libre.
Neste documento recóllense pois as principais actuacións levadas a cabo durante o ano 2018 e os principais fitos alcanzados no impulso e difusión do software libre.
No ámbito das administracións públicas, destaca a reutilización e liberación de software como unha das políticas fundamentais no ámbito da administración pública. Este ano liberouse un novo proxecto como software libre por parte da Xunta de Galicia.
No que respecta ás actuacións dirixidas ao tecido empresarial galego, destacar que o Centro Demostrador TIC segue a ser o punto de referencia que aglutina a maioría delas. O 95% da oferta formativa impartida estivo relacionada con tecnoloxías libres ou ben con metodoloxías ou tecnoloxías TIC de carácter xenérico. Durante o 2018 un total de 122 empresas galegas beneficiáronse da participación nas actividades desenvolvidas sobre solucións de software libre. O Centro Demostrador TIC Virtual incorporou unha nova solución ao seu catálogo. Pola súa parte a difusión de solucións TIC, artigos tecnolóxicos e entrevistas de casos de éxito tivo un importante impulso no portal mancomun.gal durante o 2018.
O estudo da presenza do software libre no tecido empresarial demostra que estas actuacións están a ser efectivas. Así o uso de software libre nas empresas galegas continúa a ser moi alto cun aproximadamente 90% de empresas de máis de 10 empregados as que usan software libre nos seus equipos e un 60% no caso das microempresas galegas.
No relativo á cidadanía en xeral, podemos destacar que durante este ano continuouse mellorando o portal Mancomún, tanto en contidos como en organización dos mesmos. Pola súa parte, grazas á colaboración cos diferentes axentes do software libre de Galicia conseguiuse a realización dun total de 121 actividades ao longo da xeografía galega. Todas estas actividades foron de carácter gratuíto e abertas ao público xeral relacionadas con temáticas diversas tanto no ámbito do software como do hardware libre.
Por último, no apartado de formación cómpre destacar que durante o ano 2018 participaron unhas 31350 persoas en actividades de formación e difusión de software libre nun total de máis de 41800 horas.
A Axenda Dixital 2020 recolle o Software Libre como unha ferramenta transversal para a consecución dos obxectivos marcados.
O impulso do uso do software libre e de estándares abertos e fomento da reutilización de solucións, serán ferramentas para garantir a interoperabilidade dos sistemas informáticos e achegar a tecnoloxía á sociedade evitando a dependencia de determinados provedores TIC e os custes recorrentes.
Neste contexto a Amtega mantén a súa aposta polo uso do Software Libre, plasmada neste plan de acción de software libre 2018, investindo no seu fomento como recurso para mellorar a eficacia acadada na administración.
Os eixes principais de actuación son a administración pública, o tecido empresarial e a cidadanía, e en torno a estes eixes de actuación defínense unha serie de accións, que como vén sendo habitual desenvolveranse en colaboración con distintos axentes do ecosistema do Software Libre galegos.
No eixe de actuación da propia administración pública, a Amtega impulsa a reutilización de software e contidos e achega aos responsables TIC información sobre casos de éxito doutras administracións públicas, ademais de facer difusión dos casos de éxito propios. Tamén se promove a reutilización a través da sindicación da forxa de mancomún co Catálogo do CTT e de Joinup, o portal europeo da reutilización.
A Xunta de Galicia quere ser referencia e exemplo de políticas de eficiencia e bo uso de tecnoloxías libres grazas á implantación de solucións de software libre na súa infraestrutura tecnolóxica, que reportan un considerable aforro e mellora de produtividade. Neste sentido, adquírese o compromiso de publicar o software que se desenvolve internamente como Software Libre, co obxectivo de fomentar a súa reutilización e establecer relacións con outras administracións e entidades estatais e europeas para colaborar en materia de Software Libre. Este compromiso implica a publicación de dúas novas solucións de software desenvolvidas pola Xunta de Galicia.
Ademais, continuarase coa prestación de servizos implantados nos últimos anos en materia de asesoramento na implantación de Software Libre, formación en tecnoloxías libres aos empregados públicos e a promoción do uso de estándares abertos en todos os novos desenvolvementos.
No ámbito empresarial, o Centro Demostrador TIC é o elemento vertebrador das actuacións de fomento das TIC en xeral e do Software Libre en particular. As actuacións enfocaranse a promover a oferta de solucións de calidade baseadas en software libre dirixida ás empresas, para favorecer a súa mellora en eficacia e competitividade. Esta actividade será reforzada ademais co Centro Demostrador TIC Virtual potenciando o seu actual catálogo de solucións libres con novas aplicacións á disposición das empresas, buscando sempre aquelas que sexan máis demandas polas empresas, atendendo aos estudos do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA) como base para coñecer e responder o máis axeitadamente posible as necesidades das empresas galegas.
Por outra banda, no ámbito da alfabetización e capacitación avanzada da cidadanía cómpre destacar as actuacións que se promoverán a través da Rede CeMIT, a colaboración coas Asociacións de Usuarios de Software Libre de Galicia, e no ámbito educativo as actuacións realizadas a través do proxecto Abalar, e aquelas en colaboración co CIXUG no eido universitario.
Por último, seguirase facendo fincapé na difusión do software libre tanto para empresas como para a cidadanía, con novos servizos como boletíns periódicos con novas e casos de éxito de Software Libre, mantendo como referencia de software libre en Galicia o portal Mancomun.
