Número 117 – Boletín de Software Libre na Administración – Abril 2024

Mércores, 17 Abril 2024
Número 117 – Boletín de Software Libre na Administración – Abril 2024

Novas

  • Plan anual de Software Libre para fomentar o uso entre cidadáns, empresas e administracións [Ler máis…]
  • Entrevistas a persoas da comunidade de software libre: Elena Salgado [Ler máis…]
  • Mulleres en Tech – Raquel Sánchez [Ler máis…]
  • Mancomún podcast: esLibre 2024 [Ler máis…]
  • Schleswig-Holstein aposta por un posto dixital de traballo soberano na administración [Ler máis…]
  • Mesa redonda dos Faladoiros de Mancomún [Ler máis...]

Proxecto destacado

Re3gistry é unha solución reutilizable de código aberto, baixo a licenza EUPL, para xestionar e compartir códigos de referencia a través de URIs persistentes, asegurando que os conceptos se referencien de forma inequívoca en calquera dominio.

Os códigos de referencia poden ser conxuntos de valores permitidos para un campo de datos ou proporcionar unha referencia ou contexto para os datos intercambiados entre aplicacións. Os códigos de referencia inclúen enumeracións, vocabularios controlados, taxonomías ou listas. Formatos dispoñibles: HTML, ISO 19135 XML, JSON, RDF/XML, Re3gistry XML, CSV.

Caso de éxito

Simpl é unha plataforma de software libre, intelixente e segura que apoia o acceso a datos e a interoperabilidade entre os espazos de datos europeos. Permitirá a substitución ou adición de compoñentes sen afectar o resto do sistema e permitirá a monitorización do seu rendemento ambiental e a adición de novos usuarios sen afectar ao rendemento.

Simpl xoga un papel importante na creación dos Espazos Comúns de Datos Europeos. Estes son ecosistemas de datos nos que os usuarios do mesmo espazo comparten datos dunha maneira segura. Simpl dálle aos provedores de datos control total sobre quen accede aos seus datos nestes espazos de datos.

Formación e eventos

  • Axenda de Mancomún: eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre [Ler máis…]
  • Repair Cafés na Domus [Ler máis…]
  • Ofimática con LibreOffice, na aula CeMIT de Ribeira [Ler máis…]
  • Xornada de Software Libre Científico organizada por Melisa [Ler máis…]
  • Desvelando os segredos da rede de Kubernetes, na Industriosa [Ler máis…]

Segue a…

Simpl, simplificación das federacións de nubes para os principais espazos de datos da UE.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal