
Novas
No portal de Mancomún difundíronse este mes varios eventos como que volveron as Katas de Rust na Industriosa, o programa da AtlánticaConf 2023 e que a aula CeMIT de Ames organiza varios cursos para xullo.
Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación doutro programa de Mancomún Podcast, onde falamos de videoxogos libres con Leillo, publicamos tamén un artigo sobre “Proxectos de Intelixencia Artificial libres”, voltamos cos Faladoiros de Mancomún, nesta ocasión contando con María Caseiro e Bárbara Román, publicouse unha nova entrevista sobre Mulleres en Tech con Cris Barreiro e un programa de Mancomún Podcast onde analizamos as novidades de Nextcloud con Pietro Marini.
Proxecto destacado

K-9 Mail é un cliente avanzado de correo electrónico de software libre para Android, centrado en facilitar a traballo con grandes volumes de correo electrónico. K-9 Mail está deseñado tanto para usuarios principiantes como avanzados e ofrece gran cantidade de funcións: soporte Push IMAP, GPG e PGP/MIME, notificacións por conta, bandexa de entrada unificada, tema branco e escuro e firmas, entre outras.
K-9 Mail uniuse oficialmente á familia Thunderbird fai uns meses. No futuro, K-9 Mail transformarase en Thunderbird en Android. Tanto K-9 Mail como Thunderbird son proxectos financiados pola comunidade.
