Número 108 – Boletín de Software Libre na Administración – Xullo 2023

Mércores, 19 Xullo 2023
Número 108 – Boletín de Software Libre na Administración – Xullo 2023

Novas

  • Luxemburgo ten previsto publicar dous servizos de chat multiplataforma [Ler máis…]
  • Mancomún Podcast: Videoxogos libres con Leillo [Ler máis…]
  • Proxectos de Intelixencia Artificial libres [Ler máis…]
  • Faladoiros Mancomún 2023, con María Caseiro [Ler máis…]
  • BundesMessenger, plataforma de mensaxería segura de software libre [Ler máis…]
  • Mulleres en Tech – Cris Barreiro [Ler máis…]
  • Mancomún Podcast: Novidades de Nextcloud, con Pietro Marini [Ler máis…]

Caso de éxito

who

A Organización Mundial da Saúde lanzou a súa Oficina de Programas de Código Aberto (OSPO), que aproveita a tecnoloxía de software libre para mellorar a preparación mundial ante emerxencias.

Este repositorio é a primeira parada para as comunidades de software libre que desexen contribuír ao traballo de código aberto da Organización Mundial da Saúde. Tamén é un bo lugar para atopar guías rápidas, ligazóns útiles e debates se xa está a colaborar coa OMS en traballos de software libre.

Proxecto destacado

go.data

Go.Data é un programa para o rastrexo de contactos e resposta a brotes epidémicos desenvolvido pola OMS en colaboración con socios da Rede Mundial de Alerta e Resposta ante Brotes Epidémicos (GOARN).

Go.Data céntrase nos datos de casos e contactos, incluídos os datos de laboratorio, hospitalización e outras variables recollidas a través de formularios de investigación que poden configurarse en distintas contornas e tipos de enfermidade. Xera listas de seguimento de contactos e visualización de cadeas de transmisión. Actualmente utilízase en máis de 60 países, en máis de 80 institucións diferentes a nivel nacional ou territorial.

Formación e eventos

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal