Mancomún
portada do boletín de swl para empresa
setembro
nethserver

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como o acto de presentación da PyConES, os cursos de Iniciación ás follas de datos con Calc, o curso de iniciación a Writer e A aventura que me espera: descubrindo a ciencia e a tecnoloxía.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación de Godot 4.3, que mellora o soporte da realidade extendida.

Publicamos tamén o artigo TIC sobre Aplicacións libres orientadas a empresa – xestión de proxectos con OpenProject, outro programa de Mancomún podcast – Wolvic, navegador aberto para XR e outra das entrevistas a persoas da comunidade de software libre: Paola Mondaca.

No relacionado con InnerSource, publicamos o vídeo do terceiro webminar de introdución a InnerSource, organizamos un sorteo de packs de libros impresos polo Día do Software Libre e demos comezo aos cursos titorizados sobre InnerSource.

Continuamos completando e difundindo novas seccións do portal de Mancomún, como son a Axenda de Mancomún onde recollemos eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre e a Apeiría, onde poder probar solucións empresariais de software libre de forma sinxela, sen necesidade de instalar nada.

Proxecto destacado 

NethServer é un sistema operativo libre para entusiastas de GNU/Linux, deseñado para pequenas oficinas e empresas de tamaño medio. Extremadamente modular e rico en funcionalidades: Servidor de Correo e Filtro, Servidor Web, Groupware, Firewall, Filtro Web, IPS/IDS, VPN e moito máis. Conta cunha interface web potente que simplifica tarefas administrativas comúns, instalación moi fácil e rápida, e moitos módulos preconfigurados instalables cun “clic”.

logo de nethserver

Baseado en CentOS/RHEL, unha distribución de servidor amplamente utilizada e popular, cunha estabilidade sólida e actualizacións de seguridade de confianza. Impulsado por contribuidores e alimentado pola comunidade. Transparente con canles de comunicación abertas e ben documentado.

portada do Número 87 – Boletín Software Libre na Empresa – Agosto 2024
Signal

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como XI Xornada de Usuarios de R en Galicia que terá lugar o 24 de outubro en Santiago de Compostela.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación do fork de Open Blocks, unha versión libre das ferramentas de arte para Realidade Virtual e o lanzamento da versión 129 do navegador Mozilla Firefox, que trae interesantes novidades.

Publicamos tamén a enquisa sobre coñecemento de software libre na comunidade universitaria galega que fixo o Cixug, outro programa de Mancomún podcast – Software libre, o motor da Xenómica, con Adrián Casanova.

No relacionado con InnerSource, publicamos o vídeo do segundo webminar de introdución a InnerSource, anunciouse a data para o terceiro webminar e fixemos a presentación dos Cursos titorizados sobre InnerSource que empezarán en setembro.

Lanzamos un artigo TIC sobre Proxectos libres de IA – Mellorando a accesibilidade con IA, unha entrevistas a persoas da comunidade de software libre: Fco. Javier Teruelo e actualizamos a máquina virtual para sinatura dixital.

Continuamos completando e difundindo novas seccións do portal de Mancomún, como son a Axenda de Mancomún onde recollemos eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre e a Apeiría, onde poder probar solucións empresariais de software libre de forma sinxela, sen necesidade de instalar nada.

Proxecto destacado

Signal, ferramenta libre de mensaxería instantánea, co enfoque posto na privacidade, combinado con todas as funcións que esperas. Conta con cifrado de punta a punta de última xeración (impulsado polo protocolo de código aberto Signal), para manter as túas conversas seguras. Comparte mensaxes de texto, mensaxes de voz, fotos, vídeos, GIFs e arquivos de balde. Os chats de grupo facilitan manterte en contacto coa túa familia, amigos e compañeiros de traballo.

signal
ilustración da bola do mundo

Non hai anuncios, nin comerciantes afiliados, nin rastrexos estraños en Signal. Signal é unha organización sen ánimo de lucro independente. Non está vinculada a ningunha gran compañía tecnolóxica e nunca poderá ser adquirida por unha delas. O desenvolvemento é apoiado por subvencións e doazóns de persoas.

Portada do boletín swl para empresa de xullo

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como o obradoiro sobre Tecnoloxías disruptivas na aula CeMIT de Tomiño, a charla sobre “Son de alta resolución en sistemas GNU/Linux”, na Industriosa, a dispoñibilidade de dous cursos en liña sobre Inner Source e a celebración do segundo webminar de introdución a InnerSource.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación da nova sobre Opt Green (software sostible para hardware sostible) ou a publicación de Carballo (primer gran modelo de linguaxe para o galego).

Publicamos tamén o artigo TIC sobre Aplicacións libres orientadas a empresa – authentik, provedor de identidade autoxestionado, outro programa de Mancomún podcast – PyConEs Vigo 2024 e outra das Entrevistas a persoas da comunidade de software libre, con María José Ginzo nesta ocasión.

Continuamos completando e difundindo novas seccións do portal de Mancomún, como son a Axenda de Mancomún onde recollemos eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre e a Apeiría, onde poder probar solucións empresariais de software libre de forma sinxela, sen necesidade de instalar nada.

Proxecto destacado

EB corbos Linux for Safety Applications, ofrece á industria automotriz a primeira solución dun sistema operativo baseado en código aberto para aplicacións de seguridade, incluíndo mantemento durante todo o ciclo de vida.

Logo de Ubuntu e deseño dun coche

Con EB corbos Linux for Safety Applications, os fabricantes e provedores da industria automotriz poden utilizar GNU/Linux por primeira vez en dominios funcionais de computación de alto rendemento (HPC) relacionados coa seguridade, como as aplicacións para sistemas avanzados de asistencia ao condutor (ADAS) e vehículos autónomos (AV). Esta solución versátil tamén se pode utilizar en dominios relevantes para a seguridade noutras industrias como a sanidade, a enxeñería de máquinas e a enerxía.

EB corbos Linux for Safety Applications ofrece até 15 anos de mantemento para garantir a seguridade durante toda a vida útil do produto, establecendo así un novo punto de referencia na industria.

Número 85 – Boletín Software Libre na Empresa – Xuño 2024
logo de libreoffice

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como o Webminar de introdución a Inner Source, o Diario de Desenvolvemento: A aventura submarina na Industriosa, a PyConES Vigo 2024 e os cursos de Libre Office Calc na aula CeMIT de Boiro e os cursos na aula CeMIT de Ames.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación do artigo sobre Proxectos libres de IA – Open Medical-LLM Leaderboard, os programas de Mancomún podcast: Guía de liberación de proxectos universitarios e Modelos libres de IA, con César García de “La hora Maker”, a presentación das iniciativas Inner Source entre as empresas galegas, a entrevistas a persoas da comunidade de software libre con Sergio Fernández e a entrevista das Mulleres en Tech, con Ariane Jurado de Bilbao.

Continuamos completando e difundindo novas seccións do portal de Mancomún, como son a Axenda de Mancomún onde recollemos eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre e a Apeiría, onde poder probar solucións empresariais de software libre de forma sinxela, sen necesidade de instalar nada.

Proxecto destacado

LibreOffice é a suite ofimática libre máis potente para produtividade persoal de software libre para Windows, Mac e GNU/Linux, que conta con varios aplicativos ricos en funcionalidades para todas as túas necesidades de produción de documentos e procesamento de datos: Writer, procesador de textos; Calc, folla de cálculos; Impress, editor de presentacións; Draw, aplicación de debuxo e diagramas de fluxo; Base, base de datos e interface con outras bases de datos; e Math, para a edición de fórmulas matemáticas.

logo de libreoffice

A súa interface limpa e as súas potentes ferramentas permiten dar renda solta á túa creatividade e facer medrar a túa produtividade. A asistencia e documentación é de balde grazas á gran comunidade, usuarios dedicados, colaboradores e desenvolvedores.

Portada do Número 84 – Boletín Software Libre na Empresa – Maio 2024

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como a OSHWDem 2024, que terá lugar o 12 de outubro, próximos cursos na Aula CeMIT do Concello de Boiro, a WordCamp Vigo 2024 e a charla “Podo ser ti: Xogando con síntesis de voz usando IA”.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación do artigo sobre “Ferramentas libres para a edición de PDF’s”, un artigo sobre “Aplicacións libres orientadas a empresa – Mantén a túa atención con Pomatez” e outra das “Entrevistas a persoas da comunidade de software libre: Esperanza Martín”. Tamén publicamos un podcast sobre a Akademy-es 2024.

Continuamos completando e difundindo novas seccións do portal de Mancomún, como son a Axenda de Mancomún onde recollemos eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre e a Apeiría, onde poder probar solucións empresariais de software libre de forma sinxela, sen necesidade de instalar nada.

Proxecto destacado

FOG Project é unha suite gratuíta e de software libre para a clonación, rescate, inventario e xestión de imaxes de disco. As características poden ser activadas a través dunha interface web unha vez que a máquina cliente foi rexistrada en FOG.

Captura de pantalla de FOG Project

FOG pode ser usado para clonar PCs con Windows XP, Vista, Windows 7, Windows 8/8.1 e Windows 10, Windows 11 usando PXE, PartClone e unha interface gráfica web para conectalo todo. Inclúe características como proba de memoria e disco, limpeza de disco, análise de virus, programación de tarefas, xestión de inventario, implementación remota de sistemas operativos e instalación remota de paquetes de software.

Portada do Número 83 – Boletín Software Libre na Empresa – Abril 2024

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como a Akademy-es 2024, o curso de Ofimática con LibreOffice na aula CeMIT de Ribeira, a Xornada de Software Libre Científico organizada por Melisa, o meetup Desvelando os segredos da rede de Kubernetes da Industriosa, os Repair Cafés que se están a organizar no museo Domus, e o Obradoiro de fabricación de PCB´s con CNC na Industriosa.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación da nova sobre South Savo que investiga que apoio precisan as empresas para a adopción de software libre. Publicamos tamén a nova sobre o Plan anual de Software Libre, un artigo sobre Proxectos libres de IA (MoEs, Mestura de Expertos), un programa de Mancomún podcast onde falamos coa xente do Proxecto Nós, e outra das Entrevistas a persoas da comunidade de software libre, nesta ocasión con Víctor Tilve.

Presentamos tamén novas seccións, a Axenda de Mancomún onde recollemos eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre e a Apeiría, onde poder probar solucións empresariais de software libre de forma sinela, sen necesidade de instalar nada.

Proxecto destacado

Mozilla Firefox, navegador que non ten políticas de privacidade sospeitosas, nin portas traseiras para os anunciantes. Só un navegador rápido que non vende os teus datos, non te vixía e encárgase de bloquear a publicidade que te rastrexa. Dispoñíble en máis de 90 idiomas e compatible con equipos Windows, Mac, GNU/Linux, iOS e Android.

Logo de Firefox

Conta cunha ferramenta de captura de pantalla integrada, sincronización entre dispositivos, modo de lectura, verificación ortográfica, tradución automática, bloqueo de identificadores de pegada dixital e de criptomineiros, modo de navegación privada, alertas de violacións de datos en sitios web, xestor de contrasinais integrado, cobre automaticamente os formularios e conta con modo escuro, entre outras características.

Portada do Número 82 – Boletín Software Libre na Empresa – Marzo 2024

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como o Curso LPIC-3 Virtualization and Containerization e o obradoiro sobre Solana: unha guía para principiantes, que tivo lugar na Industriosa.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación de KiCad 8, nova versión da suite de deseño electrónico ou que agora Asahi Linux é compatible con OpenGL 4.6 nos chips de Apple.

Publicamos tamén un artigo TIC sobre Aplicacións libres orientadas a empresa (Notas con QOwnNotes), dúas entrevistas de Mulleres en Tech, con Concha Asensio e Raquel Sánchez , a Mesa redonda polo “Día Internacional das mulleres”, dous programas de Mancomún podcast sobre a FOSDEM 2024 e a esLibre 2024 e a primeira das entrevistas a persoas da Comunidade de Software libre, onde tivemos a Elena Salgado.

Proxecto destacado

Forgejo é unha forxa de software lixeira autohospedada. Fácil de instalar e de baixo mantemento, enfócase na seguridade, escalabilidade, federación e privacidade. A gran maioría dos usuarios de Forgejo son desenvolvedores de software libre e de código aberto.

logo de forgejo

A gobernanza de Forgejo está definida colectivamente polos seus colaboradores. Traído por unha comunidade inclusiva baixo o amparo de Codeberg e.V., unha asociación sen fins lucrativos rexistrada en Berlín. Segundo os seus estatutos, o seu obxectivo é “garantir a apertura e a continuidade da dispoñibilidade de software libre”.

portada do Boletín Software Libre na Empresa – Febreiro 2024

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como o curso de programación en Python no CNTG, o curso de Drupal 10 Site Building, tamén no CNTG, o Obradoiros de Robótica xuvenil na Industriosa ou o hackathon estudiantil HackUDC, que tivo lugar na Coruña. Tamén falamos da Guía para a liberación de traballos universitarios, publicada polo Cixug.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi o Informe do Estado do Software Libre 2024 da Open Source Initiative, e que Mozilla e Matrix.org uníronse á OpenForum Europe. Publicamos en Mancomún diferentes contidos de interese como foron varios programas de podcast: Educación, Software libre e IA con David Lareo e Tecnología en el sector público, con Jaime Gómez-Obregón.

Publicouse tamén un artigo TIC sobre Proxectos libres de IA – A evolución dos LLMs e unha infografía nova de Mulleres en Tech, con Emma López.

Proxecto destacado

Filezilla Client é un cliente de ficheiros que soporta FTP, FTP sobre TLS (FTPS) e SFTP. É rápido e fiable, funciona en diversas plataformas, con moitas características útiles e unha interface gráfica de usuario intuitiva.

logo de Filezilla
The free ftp solution

É un software de código aberto distribuído de balde baixo os termos da Licenza Pública Xeral da GNU. FileZilla Server é un servidor FTP e FTPS, tamén de código aberto e gratuíto. Dispoñible en moitos idiomas.

Portada do Número 80 – Boletín Software Libre na Empresa – Xaneiro 2024

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como as Xornadas SIG libre ou o Seminario virtual MongoDB no CNTG. Publicáronse un par de programas de Mancomún Podcast: Videoxogos libres para nenos e non tan nenos, con Leillo e Conversas libres, fin de ano 2023. Publicouse tamén o artigo TIC e pílula sobre Aplicacións libres orientadas a empresa – sincronizador de carpetas.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a tradución ao galego de dous libros de InnerSource Commons, a nova do Proxecto Nós sobre recursos libres lingüísticos e dixitais, Ubuntu 24.04 LTS contará con 12 anos de actualizacións, Sargantana, terceira xeración do chip de código aberto e a nova sobre o encamiñador sen fíos de OpenWrt.

Proxecto destacado

7-Zip é unha aplicación gratuia de software libre para a compresión de arquivos. Conta cun alto índice de compresión no formato 7z, con compresión LZMA e LZMA2. Soporta os formatos 7z, XZ, BZIP2, GZIP, TAR, ZIP e WIM.

logo de 7-zip

Para os formatos ZIP e GZIP, 7-Zip proporciona un índice de compresión que é dun 2 ao 10% mellor que o proporcionado por PKZip e WinZip. Ten Integración co Shell de Windows e está traducido a 87 idiomas.

Número 79 – Boletín Software Libre na Empresa – Decembro 2023

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como o Faladoiro que tivo lugar no Seixo: Patrimonio (in)visible, organizado pola Comunidade O Zulo. Publicamos outro programa de Mancomún Podcast: Terceiro e último volume de Balkar, novela gráfica creada con software libre, publicamos tamén un artigo TIC sobre Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: xestor de arquivos e unha nova infografía sobre Mulleres en Tech de Verónica Pérez.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a nova sobre a esLibre 2024 que terá lugar en Valencia e o proxecto de Mozilla llamafile que permite executar LLM nun arquivo.

Proxecto destacado

ImageMagick é un conxunto de software libre usado para a edición e manipulación de imaxes dixitais. Pode ser utilizado para crear, editar, compoñer ou converter imaxes de mapa de bits e soporta unha ampla variedade de formatos de ficheiros. Conta con soporte para animación, xestión de cores e renderizado de imaxes. É amplamente utilizado en industrias como o desenvolvemento web, deseño gráfico, edición de vídeo, así como en investigación científica, imaxe médica e astronomía.

logo de ImageMagick

ImageMagick inclúe unha interface de liña de comandos para executar tarefas complexas de procesamento de imaxes, así como API para integrar as súas características en aplicacións de software. Está escrito en C e pode ser utilizado en diversos sistemas operativos, incluíndo GNU/Linux, Windows e macOS. Unha das características clave de ImageMagick é o seu soporte para scripting e automatización.

Número 78 – Boletín Software Libre na Empresa – Novembro 2023

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como os cursos sobre LibreOffice na aula CeMIT de Boiro, o taller organizado no GPUL School de Introdución a Shell, a Xornada de patrimonio (in)visible 2023 – San Xoán de Piñeiro, a Xornada en liña sobre “Software libre para xerar simulacións virtuais”, a charla Steam Deck, como se creou unha máquina de videoxogos usando Linux e o HackUDC, un hackathon na Universidade da Coruña.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi:
– A publicación de varios podcast, Mancomún Podcast: InnerSource, con Dani Izquierdo e Pablo Sanxiao e un sobre o Fab Lab A Industriosa no 2024.
– Entrevista das Mulleres en Tech con Cristina Carrascal e un Faladoiro Mancomún 2023 (tamén con Cristina Carrascal).
– Nova sobre RISC-V nos futuros reloxios con Wear OS, un artigo TIC sobre Aplicacións libres para Android orientadas a empresa (element, plataforma segura de comunicación) e unha nova sobre IAMF, son espacial inmersivo.

Proxecto destacado

Firefox Translations, traduce sitios web no teu navegador, de forma privada, sen utilizar a nube. A funcionalidade desta extensión está agora integrada no navegador Firefox, eliminando a necesidade de calquera instalación adicional.

logo de Firefox Translations por Mozilla Firefox

Firefox Translations ofrece a tradución automatizada de contido web. Ao contrario das alternativas baseadas na nube, a tradución realízase localmente, no lado do cliente, de xeito que o texto que se está traducindo non abandona o teu dispositivo.

Idiomas compatibles: Español, Estonio, Inglés, Alemán, Checo, Búlgaro, Portugués, Italiano, Francés, Polaco.

Número 77 – Boletín Software Libre na Empresa – Outubro 2023

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como a “Charla de introducción a Mesa por Igalia, na Industriosa”, o curso formativo sobre Inkscape que organiza a aula CeMIT de Ames, a “X.OrgDevelopers Conference 2023” na Coruña, a “Xª Xornada de Usuarios de R en Galicia”, o “#MesDSoftware Libre no GaiásTech”, e un novo “Faladoiro Mancomún 2023, con Eva Marco”.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación dun artigo TIC e pílula sobre “Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Acceso a sistemas remotos con DWService”, un programa de Mancomún Podcast sobre a Oshwdem2023, a nova sobre que AMD publicará a tecnoloxía FSR 3 como código aberto, e outro porgama de Mancomún Podcast, onde Pablo Sanxiao falou con David Bonilla sobre Software libre e startups.

Proxecto destacado

Penpot, ferramenta de deseño e creación de prototipos de software libre para equipos de produto. Deseñadores e desenvolvedores por fin poden traballar ao unísono para crear experiencias de software deseñadas que realmente medren.

Penpot

Os sistemas de deseño, os compoñentes, os prototipos interactivos, o bucle de retroalimentación e os deseños pixel perfect únense nunha interface de usuario web extremadamente intuitiva e potente que abre o proceso de deseño a todas as partes interesadas. Aínda que pretende integrarse ben nos fluxos de traballo tecnolóxicos, é un produto que permite aos deseñadores traballar ben, cunha interface de usuario agradable, usable e útil.

Boletín Software libre para empresa
Setembro
Logo de Whisper

Novas

No portal de Mancomún difundíronse este mes varios eventos como a Festa do Software Livre Aveiro 2023, a Geocamp 2023 e publicamos tamén un programa de Mancomún Podcast sobre a AtlánticaConf 2023.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación Estudo do Open Source Observatory sobre o proxecto Mancomún ou a publicación doutro artigo TIC sobre Aplicacións libres para Android orientadas a empresa, neste caso falamos de syncthing.

Proxecto destacado

Sequence-to-sequence learning
Diagrama co fluxo de traballo da IA

Whisper é un modelo libre de recoñecemento da fala de uso xeral. Está adestrado nun gran conxunto de datos de son diverso e é tamén un modelo multitarefa que pode realizar recoñecemento da fala multilingüe, tradución da fala e identificación de idiomas.

O uso dun conxunto de datos tan amplo e diverso mellora a solidez fronte aos acentos, o ruído de fondo e a linguaxe técnica. Utiliza Python 3.9.9 e PyTorch 1.10.1 para adestrar e probar os modelos, pero espérase que o código sexa compatible con Python 3.8-3.11 e con versións recentes de PyTorch.

Número 75 – Boletín Software Libre na Empresa – Agosto 2023

Novas

No portal de Mancomún difundíronse este mes varios eventos como o curso en liña sobre “Edición de imaxes con GIMP” na aula CeMIT de Ames, publicáronse as subvencións para o fomento do uso do Software Libre e o Estudo sobre oficinas de ciberseguridade para mellorar a seguridade das solucións de software libre.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación de dous programa de Mancomún Podcast: Conversas libres e KiCon 2023, con Carlos Nieves, volveron os “Faladoiros de Mancomún” e publicouse un artigo TIC sobre Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Lista de tarefas con Tasks.

Proxecto destacado

logo joplin

Joplin é unha aplicación gratuíta, multiplataforma e de software libre para tomar notas en formato Markdonw. Tamén podes xestionar con ela tarefas pendentes ou xestionar un gran número de notas organizadas en cadernos. As notas pódense buscar, copiar, etiquetar e modificar directamente desde a aplicación ou desde o teu propio editor de texto.

As notas poden sincronizarse de forma segura mediante cifrado de extremo a extremo con varios servizos na nube, como Nextcloud, Dropbox, OneDrive e Joplin Cloud.

Número 74 – Boletín Software Libre na Empresa – Xullo 2023

Novas

No portal de Mancomún difundíronse este mes varios eventos como que volveron as Katas de Rust na Industriosa, o programa da AtlánticaConf 2023 e que a aula CeMIT de Ames organiza varios cursos para xullo.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación doutro programa de Mancomún Podcast, onde falamos de videoxogos libres con Leillo, publicamos tamén un artigo sobre “Proxectos de Intelixencia Artificial libres”, voltamos cos Faladoiros de Mancomún, nesta ocasión contando con María Caseiro e Bárbara Román, publicouse unha nova entrevista sobre Mulleres en Tech con Cris Barreiro e un programa de Mancomún Podcast onde analizamos as novidades de Nextcloud con Pietro Marini.

Proxecto destacado

K-9 Mail

K-9 Mail é un cliente avanzado de correo electrónico de software libre para Android, centrado en facilitar a traballo con grandes volumes de correo electrónico. K-9 Mail está deseñado tanto para usuarios principiantes como avanzados e ofrece gran cantidade de funcións: soporte Push IMAP, GPG e PGP/MIME, notificacións por conta, bandexa de entrada unificada, tema branco e escuro e firmas, entre outras.

K-9 Mail uniuse oficialmente á familia Thunderbird fai uns meses. No futuro, K-9 Mail transformarase en Thunderbird en Android. Tanto K-9 Mail como Thunderbird son proxectos financiados pola comunidade.

Boletín Software Libre empresarial Xuño

Número 73 – Boletín Software Libre na Empresa – Xuño 2023

Novas

No portal de Mancomún difundíronse este mes varios eventos como os cursos da aula CeMIT de Ames que organiza para xuño e xullo, o taller sobre “Canto diñeiro vas seguir perdendo por non montares unha tenda online?”, ou as Xornadas de SIG Libre.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación da nova da Linux Foundation e RISC-V International que lanzan RISC-V Fundamentals Course, a publicación dun programa de Mancomún Podcast: Steam Deck, portátil e consola, a publicación dun artigo TIC sobre Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Contactos de Simple Mobile Tools e unha nova infografía sobre Mulleres en Tech, neste caso sobre Ana Jiménez.

Proxecto destacado

Owlyshield

Owlyshield é unha solución EDR (Endpoint Detection and Response) de software libre para servidores GNU/Linux, Windows e dispositivos IoT. Analiza os procesos que utilizan os arquivos para detectar intrusións a través da explotación de vulnerabilidades. Moi eficaz na detección de malware que pode pasar desapercibido por outras solucións EDR.

A idea principal de Owlyshield é aprender o comportamento normal das aplicacións (esencialmente árbores de procesos) e utilizar este coñecemento para identificar ataques. Pódese utilizar Owlyshield para gravar e reproducir as actividades de arquivo para a formación de modelos de aprendizaxe automática.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal